Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de noviembre de 2017

"RUTA DO PAI SARMIENTO", O "CAMIÑO" RUMBO A COMPOSTELA











“El 19 de julio de 1745 salí de Pontevedra a Santiago rodeando todo el Salnés…”, escribiu o Pai Frei Martín Sarmiento. A publicación titulada Ruta do Pai Sarmiento. Atopa o teu camiño, editada pola Xunta de Galicia e a Mancomunidade Salnés. Coa memoria do Instituto Pai Sarmiento de Estudos Galegos, lembremos que Pedro Xosé Balboa, coñecido como Frei Martín Sarmiento naceu en Villafranca del Bierzo, provincia de León, o 9 de marzo de 1695, para falecer o 7 de decembro de 1772 en Madrid, en pleno século XVIII, tamén denominado "Século Ilustrado" ou "Século das Luces".

Herdeiro dunha familia de orixe nobre, o Pai Sarmiento trasladouse cos seus pais a Pontevedra poucos meses despois do seu nacemento, onde transcorreu a súa infancia. En 1710 se muda ao Convento de San Martín de Madrid co fin de tomar o hábito da Orde Benedictina. Máis tarde  mantén un vínculo intelectual co soado Pai Feijoo, ilustre pensador e ensaísta do século XVIII, de quen se converte no seu gran discípulo e colaborador. Dentro de idéntica liña de pensamento que el, Frei Martín Sarmiento estableceu unha loita contra a superstición e a ignorancia, cunha decisiva proposta: a fundación de bibliotecas nos pobos. Comprendeu, por tanto, que era preciso coñecer e recobrar e salvagardar as tradicións e a cultura popular. Desde esa perspectiva foi sen dúbida un auténtico precursor, contribuíndo notoriamente á investigación e recuperación da Cultura de Galicia.

Non só tiña interese pola lingüística o Pai Sarmiento, senón tamén por outras disciplinas como a botánica e a medicina. Fondamente preocupado pola mellora do nivel técnico e económico de Galicia, Sarmiento achábase inmerso no ámbito do pensamento ilustrado. Viaxe a Galicia é o libro que Frei Martín Sarmiento sacou á luz en 1745, no cal se documenta o peregrinaxe a través da fermosa comarca do Salnés: o que inspirou esta espléndida e atractiva Ruta do Camiño de Santiago Apóstolo, o discípulo de Jesús, o fillo do "Zebedeo", o "fillo do Trono", irmán de San Juan Evanxelista. O primeiro apartado da publicación corresponde a Pictogramas. Mapa, acompañado de información e lugares de interese turístico. Espazo Natural, praias, miradoiro e albergue. Así mesmo, Pazo, Faro e Torre. Igrexa-Capela-Mosteiro. Muíño e hórreo. Telleira e Museo. Ademais, Acuario, restos arqueolóxicos e Fundación Manolo e Paz.

Tras desenvolver o "quen foi o Pai Sarmiento", revisamos o "Mapa. Ruta Sarmiento". A presentación, prepara a ruta así como recomendacións. 

Etapas 
Trátase de 9 etapas. Tampouco deixa de constatar as oficinas de Turismo, ademais do Mapa Comarcal. Viaxamos entre fecundos viñedos, sosegados vales e límpidos ríos. Achámonos, como apuntou a escritora e novelista galega do século XIX a condesa Dona Emilia Pardo Bazán, na comarca máis pintoresca que poida soñarse. ¡Oh Rías de Pontevedra e Arousa! Un carreiro de 190 quilómetros que percorre a esplendente costa galega rumbo a Compostela. Historia, Natureza e Paisaxes: un camiño sobre o mar, á beira de íntimos pobos mariñeiros. Pontevedra, Sanxenxo, O Grove, Cambados, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Padrón e Santiago de Compostela. A partir de Padrón, a ruta segue o trazado do *Camiño Portugués* a través de Iria-Flavia, Esclavitude e núcleos rurais do municipio de Teo. Despois, a gran ^Praza do Obradoiro^ e o majestuoso milagre da Catedral.



RUTA DEL PADRE SARMIENTO










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.