As reivindicacións dos veciños do entorno de Os Caeiros de Cambados, en contra da instalación dunha antena de telefonía móbil da compañía Orange debido aos posibles efectos que a infraestrutura poida ter sobre a saúde vai contar co apoio do grupo municipal de Somos Cambados.
O grupo de veciños que se están a organizar en protesta da instalación desta antena de telefonía móbil da compañía Orange, teñen previsto este próximo mércores na Praza do Concello, a celebración dunha concentración en protesta para ás 19:00h para poder concienciar a xente mediante este chamamento público, da súa postura en contra da instalación desta antena.
Dende Somos Cambados apoiamos estas mobilizacións e imos participar nesta concentración para expresar o noso apoio aos veciños e mostrar tamén o noso rexeitamento á colocación desta antena e animamos aos veciños e veciñas de Cambados que acudan a concentración en protesta prevista este mércores ás 19:00h na Praza do Concello, para poder acadar que a empresa retire este proxecto.
Estes veciños levan desde fai unha semana mobilizándose nunha campaña de oposición a instalación da antena de telefonía móbil da compañía Orange, que ten previsto instalar unha antena nunha finca particular na zona dos Caeiros. Segundo despréndese das reivindicacións dos veciños, a antena instalaríase nunha zona na que existen numerosos vivendas, e que conta con cinco centros educativos próximos, entre eles dúas garderías, e preto dun cabreado de alta tensión.
Dende Somos Cambados temos claro que neste tipo de mobilizacións temos que estar do lado dos veciños e das reivindicacións que propoñen, e que o primeiro para nos é a saúde da poboación e sobre todo dos nosos fillos, xa que estamos falando de nenos que acoden a gardería, e de moi curta idade, e polo tanto poden estar máis expostos a este tipo de radiacións.
Cabe lembrar que o Goberno local xa informou de que as corporacións locais non teñen competencias nesta materia, que compete en exclusiva a Consellería de Industria da Xunta de Galicia, encargado de conceder as autorizacións. A instalación, de calquera forma, quedara suspendida provisionalmente, á espera de que sexan emitidos os informes técnicos e xurídicos sobre a licencia de obra solicitada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.