Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de noviembre de 2017

NOVA EXPOSICIÓN NA SALA DO PAZO TORRADO












Este venres 25 de novembro inaugúrase na Sala de Exposicións do Pazo de Torrado unha exposición do autor José Ramón Morquecho e que estará aberta ata o 7 de xaneiro baixo o título Silencios Naturais, de martes a domingo de 17 a 20 horas.

Morquecho, José Ramón (Pontevedra  1946 - )

Naceu no seo dunha familia de artistas, o seu avó era catedrático de debuxo e o seu pai pintor, o que propiciou un contacto temperán co mundo da arte. A súa formación foi completamente autodidacta, e compaxina o traballo artístico co da banca. Nos anos setenta, estableceuse en Santiago de Compostela e a súa pintura dió un envorco, comezando a reflectir o ambiente de axitación social e política da época. O seu estilo decántase pola figura humana buscando nela a expresividade do individuo, con toda a carga emotiva do momento. É por isto, que a súa paleta redúcese a grises, ocres e negros, e a obra desta etapa, evidencia as influencias das Pinturas Negras de Goya. Formou parte do grupo " Nome ", colectivo de artistas entre os que se atopaban Mª Xoxé Díaz, Xan Pardiñas, Lamela, Bibián e Quintana Martelo. Conforme avanzan os oitenta, prodúcense cambios importantes na súa obra. Como consecuencia das viaxes que realiza por Francia e Italia, a súa paleta recupérase e enriquécese cunha ampla gama cromática. A paisaxe convértese agora en protagonista dos seus óleos. Pinta naturezas de forma rápida pero elaboradas, cargadas de efectos de luz, de contrastes e de grandes manchas de cores vivas e fortes: vermellos, verdes e malvas con reminiscencias da pintura fauvista. A súa posterior estancia en Nova York tamén se reflicte na súa obra, en acuosos lenzos, de grandes dimensións e maior porosidad. Participou en numerosas exposicións e recentemente recibiu o Primeiro Premio do Cuarto Salón de Outono de Pintura, convocado pola Real Academia Galega de Belas Artes da nosa Señora do Rosario. A súa obra atópase en importantes museos e coleccións, tales como: Museo Arqeuolóxico de Ourense, Museo da Fundación "Francisco Gil" (Salamanca), Museo Quiñones de León (Vigo), Fundación Antonio Pérez, Deputación de Cuenca, Colección de arte Afundación e en ABANCA Colección de arte.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.