Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de octubre de 2017

O GOBERNO DE CARMELA SILVA ACHEGA OUTROS 65.000 EUROS A CAMBADOS AO ABEIRO DO PLAN CONCELLOS 2017









O goberno de Carmela Silva achega outros 65.000 euros a Cambados ao abeiro do Plan Concellos 2017

A institución provincial leva entregado o 88,1% do total destinado a Cambados dentro do Plan, é dicir, máis de 813.000 euros


A Deputación de Pontevedra vén de aprobar por Resolución Presidencial novas achegas ao concello de Cambados, no marco do Plan Concellos 2017, dentro da súa liña 1 de investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial, presidida por Carmela Silva, achegará 64.723,38 € para a renovación do alumeado público na avenida de Vilariño e para a ampliación dos camiños de Facho, Sartaxes e Sameiro.
Ao abeiro do Plan Concellos 2017, anteriormente a institución provincial xa destinara a Cambados  outros 402.182,31 € na liña 1 para a humanización das rúas de Ourense e Pontevedra, o remate da mellora das beirarrúas na avenida de Vilariño, para a dotación de mobiliario de oficinas e mellora dos accesos aos colexios A Pastora, Os Olmos e para a construción dun muro no colexio Corvillón, para a rehabilitación da avenida da Coruña, para o arranxo do servidor do concello, para a sinalización turística e o pintado do centro urbano, para un parque infantil en Beleco, para a instalación dun colector de pluviais e saneamento en Cortiñas-Vilariño e para a dotación de infraestruturas en Veiga e Fonte do Couto. Á marxe da liña 1, a Deputación de Pontevedra tamén aprobou destinar a Cambados outros 138.554,85 €, na liña 2, para posta en marcha das festas do Samaín, do Albariño, da Vieira, dos Maios e do Entroido, así como para o Nadal, a Semana Santa, o día das Letras Galegas e para o pagamento de acredores de gasto corrente. Ademais, a institución provincial tamén aprobou achegar 207.565,98 euros para a contratación de 30 persoas para garantir a correcta prestación dos servizos municipais no concello.
Coa suma desta nova achega, Cambados xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 88,1% do total do investimento que lle corresponde dentro do Plan Concellos 2017, isto é, 813.026,52 € dun total de 923.698,99 €







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.