A Concellería de Turismo de Cambados, xestionada por Mila Martínez, informa que o vindeiro sábado 28 de outubro, ás 19:00 horas no Parador de Turismo de Cambados terá lugar a conferencia “a arte no viño, do rito cerimonial ao pracer da degustación”.
Dita conferencia será presentada por Jesús Pilar Sobejano, licenciado en historia da arte, que presentará a súa tese sobre a influencia do viño na arte dende a antigüidade ata a arte contemporánea. Cómo o viño e a vendima foron representadas na historia da arte sempre.
A través dunha presentación moi gráfica ensinarase como na arquitectura, pintura e escultura o viño sempre aparece nas manifestacións artísticas.
Tras a conferencia terá lugar unha cata de 4 viños da D.O. Cigales (Valadolid) das adegas Hiriat, Sinforiano Bodegas, Bodega Salvueros e Bodega Valdelos Frailes do grupo Matarromera, acompañado de conservas de Cambados.
As persoas interesadas en participar nesta xornada gratuíta poderán anotarse na oficina de turismo en horario de mañá de martes a domingo, no teléfono 986 520 786 ou ben no correo electrónico turismo@cambados.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.