Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de septiembre de 2017

SOMOS CAMBADOS CONTESTA A ARAGUNDE DE FORMA TAXANTE













A Transparencia volve a deixar quedar mal Aragunde

Cambados perdeu unha subvención de 180.000 euros en 2015 por remitir Aragunde fora de prazo a documentación requerida.

Desde SOMOS CAMBADOS logo de ver as declaracións expresadas polo portavoz do grupo da oposición, Sr. Aragunde, sobre a capacidade do cuatripartito para a elaboración dos orzamentos; así como sobrae a perdida dunha subvención de 50.000€, temos que dicir que non nos parecen para nada xustificadas a súa actuación e seguimos a reafirmarnos nos argumentos xa expresados polo noso compañeiro e Concelleiro de Economía do Concello de Cambados, Xurxo Charlín.
O concelleiro de Facenda quere facer as seguintes declaracións desmentindo e puntualizando as declaracións realizadas polo portavoz do grupo da oposición, Luis Aragunde, nas que se lle acusa directamente a el, na súa calidade de Concelleiro de Facenda, da perda dunha axuda da Xunta de Galicia por unhas obras realizadas en Burgáns - Vilariño, xa que segundo as declaracións feitas no seu día polo portavoz da oposición “Xurxo Charlín foi o responsable por ordenar o pago das mesmas fora de prazo”.    
O portavoz do Partido Popular semella “estar obsesionado” con culpar ao equipo de goberno de Cambados, e ao Portavoz municipal en particular, de todos males existentes, e na súa obsesión, lanza acusacións sen o máis mínimo criterio e incluso sen sequera preguntar ou revisar os expedientes no Concello de Cambados, motivo polo que imos facer publico na nosa web parte do expediente da mesma".
Luis Aragunde, que xa pasou pola alcaldía sabe perfectamente quen ten a atribución para realizar as ordes de pago segundo as bases do orzamento municipal, xa que as mesmas non están delegadas no concelleiro de facenda, pero e que ademais fixo as declaracións sen consultar o expediente administrativo, posto que si o fixera comprobaría que as ordes de pago están asinadas en tempo e forma por parte do responsable político, polo tanto E FALSA A ACUSACIÓN DE QUE A SUBVENCIÓN SE PERDE POR FALLO DE NINGÚN CONCELLEIRO DO EQUIPO DE GOBERNO. 

Ademais existe no expediente un informe da interventora municipal que explica literalmente que se cometeu un erro administrativo involuntario ao confeccionar a orde de transferencia nunha das certificacións da obra, e que tal circunstancia debeuse única e exclusivamente a un erro ao confeccionar o listado, existindo crédito, fondos e orde de pagamento para o total das certificacións da obra. 
Polo tanto, "conclúese que a falta de xustificación tivo que ver cun erro administrativo e non con ningunha cuestión técnica ou de atraso na tramitación por parte do equipo de goberno". As obras que se realizaron en Burgáns tiveron un custe total de 36.162,18 Euros, e foron subvencionadas con 6.941,58 Euros pola Deputación de Pontevedra a cargo do Plan Concellos. Motivo polo que dende Somos Cambados "retamos ao portavoz da oposición a que en caso de que teña algún documento que acredite ou xustifique que foi o concelleiro de facenda o responsable, e exista unha orde de pago fora de prazo que a faga pública, nos si imos facer público o informe de intervención onde si o xustifica".

O Partido Popular parece que non se lembra xa das neglixencias por parte do anterior goberno en numerosos tramites, como no seu dia non tramitar a contestación dun requirimento por parte da consellería de industria e na que o concello de Cambados perdeu de realizar unha obra de 180.000 euros no Polígono Industrial do Salnés, e pola contra ese documento fora de prazo si esta asinado polo S. Aragunde, e que hoxe os veciños van poder comprobalo. 
Outra das afirmacións de Luis Aragunde “para enmarcar” e queixarse de que Charlín ten que facer máis política a galega, menos falar e máis traballar, por que ata o de agora parece só demostrou que lle gusta saír nas fotografías… Parece que o portavoz do PP tenta xustificar o seu salario de 60.000€ anuais na Deputación de Pontevedra coas tres mocións que leva presentado no que vai de ano no concello, e coas continuas aparicións en prensa nas convocatorias da Xunta de Galicia sen ter nada que ver no seu cargo e sen saber quen o convida, actuando como mero figurante… Mentres uns saen nas fotos polo seu traballo, outros teñen que ir as procesións ou colarse nos actos institucionais da Xunta para que se lembren del, o que nos gustaría saber e si vai por que quere ou lle obrigan a ir os seus superiores no seu partido… 
Con respecto a tardanza no orzamento só explicarlle que o concello de Cambados dispón dun orzamento prorrogado do exercicio 2016, e que dito documento depende do traballo dos técnicos municipais, así por exemplo o concello de Vilanova anos atrás tivo o orzamento prorrogado a pesar de contar con maioría absoluta o non dispoñer de interventor municipal.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.