Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de septiembre de 2017

PUBLICADO O LISTADO PROVISIONAL DO OBRADOIRO DE EMPREGO









Publicado o Listados Provisionais do Obradoiro de Emprego

O concello de Cambados tamén ven de publicar no portal de transparencia o listado provisionais do órgano de selección, formado por Funcionarios da Consellería de Economía, Emprego e Industria, xunto técnicos municipais e os baremos do proceso de selección, para a contratación temporal de persoal para o proceso de selección do persoal directivo, docente, persoal de apoio e de Traballadores-Participantes do Obradoiro de Emprego “Renovación urbana e medioambiental Cambados, Cidade Europea do Viño”.
Aos candidatos que se seleccionan estes días esixíuselles que estean anotados nas oficinas de emprego. Ademais, o proceso dá prioridade ás persoas beneficiarias da Renda de Integración social de Galicia (Risga), que comprende a mulleres vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos, traballadores que esgotaron as prestacións ou subsidios por desemprego, parados de longa duración, maiores de 45 anos, solicitantes con discapacidade ou en risco de exclusión social e persoas sen titulación universitaria ou de FP de grado superior.

Favorecer a inserción laboral

O Obradoiro de Emprego comezará en setembro, e terá unha duración 9 meses. O Portavoz municipal e concelleiro de Somos Cambados, Xurxo Charlín, destacou que os desempregados seleccionados “vanse formar nun oficio mentres realizan obras ou prestación de servizos de interese social, que posibiliten unha formación profesional para ou emprego e a súa posterior inserción laboral”. Tamén resaltou que os participantes recibirán unha vez terminada a actividade un certificado de profesionalidade que terá validez en todo o Estado, destacando que “a creación de emprego segue sendo a principal prioridade do Goberno local” e que neste campo faránse todos os esforzos e impulsará, como vén facendo, todas as iniciativas que faciliten a creación de postos de traballo en Cambados.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.