Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de septiembre de 2017

O CONCELLO CONTRATARÁ 5 PERCEPTORES DA R.I.S.G.A.











A creación de emprego segue sendo a principal prioridade do Goberno local

O Concello de Cambados procederá nos próximos días á contratación de cinco veciños perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (Risga) para realizar traballos de conservación e mantemento do conxunto histórico-artístico e os principais parques de Cambados, entre outros cometidos. O programa de contratación temporal de persoas en risco de exclusión social ten como obxectivo facilitar o acceso ao mercado laboral dos veciños con menos recursos.
As persoas contratadas traballarán desde este mes de setembro e terán un contrato de sete meses, cunha dedicación do 75 % da xornada ordinaria. A Consellería de Economía aporta ao Concello unha partida de máis de cincuenta mil euros para este programa de inserción laboral, no que teñen preferencia os maiores de 45 anos, persoas con cargas familiares e demandantes que teñan asignado un proxecto de inserción laboral.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.