Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de septiembre de 2017

PRESENTACIÓN DO PROXECTO DE REFORMA DA PISCINA





















  • "Cambados terá unha piscina adaptada ao século XXI. En pouco tempo disfrutaremos dunhas modernas instalacións"
  • "É un proxecto bonito e eficiente. Cambados terá a piscina que todas e todos queremos", destacaba Fatima Abal.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo Deputado de Cooperación, David Regades, a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e distintos representantes da corporación municipal, o noxo proxecto para a reforma do complexo deportivo do Pombal, que conta cun investimento da institución provincial valorado en preto dun millón de euros e que renovará por completo as vellas instalacións coas que conta actualmente.


Carmela Silva sinalou que "Cambados vai ter unha piscina á altura". A Presidenta provincial asegurou que "agora temos algo que parece un invernadoiro en mal estado e, con este novo proxecto, Cambados contará cunha piscina que cumprirá con todas as normas e coa legalidade vixente". Con este proxecto, asegurou, "ademais vai ter un aspecto que realmente se corresponde co século XXI". A Presidenta da Deputación de Pontevedra afirmou que "para o noso Goberno é un grande día e eu estou moi satisfeita deste fermoso proxecto e por poder cumprir os compromisos que tiñamos adquirido co Concello de Cambados, permitindo que a veciñanza de Cambados dispoña dunha piscina con todas as garantías".



O novo proxecto para o complexo deportivo do Pombal é "un proxecto serio que vai permitir substituír a cuberta do complexo debido á súa deficiencia en transmitancia térmica, e tamén actualizar as instalacións de climatación do complexo deportivo, agora si, cumprindo coa lei", asegurou Carmela Silva. Neste proxecto inclúense actuacións ao respecto da integración do edificio no espazo urbano do seu arredor "porque este edificio é moderno e adaptado ao século XXI, co cal merece un entorno axeitado, coidando a estética do espazo que imos construír", declarou a Presidenta. Ademais, "imos actuar na funcionalidade e na racionalidade da ordenación interior para o confort térmico", tamén "unificar o vaso e a praia da piscina cos espazos lindeiros para mellorar a resposta funcional deste espazo" ou "modificar o peche para que limite a demanda enerxética que se precisa para acadar o benestar térmico, en función do clima da localidade".

Ademais, o novo proxecto para o Pombal "tamén vai mellorar a eficiencia das novas instalacións e cumprir a normativa aplicable" ao "instalar os sistemas de eficiencia enerxética, xa que no século XXI tamén hai que tomar decisións que permitan aforrar tanto custos económicos como enerxéticos", sinalou Carmela Silva, e tamén "imos mellorar a eficiencia do sistema de iluminación, o sistema de xeración da auga quente sanitaria e o sistema de quecemento da auga da piscina".


Deste xeito, Carmela Silva asegurou que "esta obra vai ter un custo de 300.000 euros máis en relación ao presupostado polo Goberno anterior, que eran 600.000 € para unha obra que non se podería abrir", polo que agora o complexo conta cun orzamento de 902.000 € "que imos dedicar tanto desde a Deputación de Pontevedra como desde o Concello de Cambados para desenvolver unha obra en condicións".



A Presidenta da Deputación de Pontevedra repasou os antecedentes do complexo deportivo do Pombal e lembrou que "para chegar aquí houbo que facer un traballo serio, rigoroso e complexo, tomando decisións importantes" xa que, sinalou, "á nosa chegada ao Goberno provincial atopámonos cun proxecto que fora aprobado en abril de 2015, a un só mes das eleccións municipais, feito a correr, sen ningún rigor e que incumpría todas as normas". Carmela Silva asegurou que "ademais, este anterior proxecto pretendía que Cambados seguira tendo un invernadoiro, nunhas poucas mellores condicións, pero que non se podería abrir ao público porque a Xunta non ía conceder a licenza de apertura ao incumprir coa legalidade". Isto é así, sinalou a Presidenta, "porque non incluía un proxecto de climatización adaptado ás leis".

Por estes motivos, "a alcaldesa mailo seu Goberno e o Goberno da Deputación tivemos que facer un estudo" xa que "desde o Goberno de Cambados formuláronnos que aquel convenio, asinado polo anterior presidente e o anterior alcalde, era un total e absoluto despropósito" xa que "nin era un proxecto moderno, actualizado e cumprindo a lei" senón que ademais "tampouco se ía poder usar, porque non se lle podería dar a licenza", o que Carmela Silva cualificou de "un drama, un desastre". Ante esta situación, Carmela Silva asegurou que "tiñamos a opción ou de facer un proxecto para a cuberta mantendo o presupostado, ou facer un proxecto novo único". "Como somos dúas Administracións serias e rigorosas", asegurou a Presidenta, "decidimos facer un proxecto único, que foi o que presentamos hoxe publicamente".



Carmela Silva asegurou que "imos sacar o proxecto a licitación nun prazo moi breve para que a finais deste ano poidamos adxudicar as obras e comezar a construción desta extraordinaria piscina", que "si que vai ser a piscina que merece Cambados, á que Cambados ten dereito", concluíu.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.