Na praia da Madalena no concello de Cabanas tiña lugar a última proba da liga galega de kaiak de mar e da IV Copa Sipre de kaiak de mar, na que se reuniron vinte e catro equipos de Galicia. Ademais a competición era campionato galego da especialidade.
O Club de Mar Ría de Aldán facíase co triunfo na xeral da proba ao sumar 335 puntos, por diante do Club Piragüismo Olívico que sumou 300 puntos, a terceira posición levoulla o Club Piragüismo Cambados con 236 puntos.
Polo que respecta á clasificación xeral masculina, a vitoria final na liga foi para o Club de Mar Ría de Aldán con 260 puntos, sendo o vencedor en mulleres o Club Piragüismo Olívico con 105 puntos.
A nivel individual a vitoria en K1 senior sprinter foi para Adrián Carpente do Club Náutico Cambre, seguido por Jesús Rodríguez do Piragüismo O Barco e de Daniel García do Náutico Cobre, Rut Otero do Breogán do Grove foi a primeira en muller senior sprinter, por diante de Noelia Moledo? Ría de Aldán e María Alonso-Piragüismo Olívico.
Ademais pola mañá celebráronse o campionato galego da categoría infantil e o campionato galego individual sprint. O Ría de Aldán levou a vitoria na xeral de infantís por diante do Piragüismo Olívico e o Náutico Cobre.
O vencedor individual na proba de velocidade masculina foi Adrián Carpente do Náutico Cambre e o triunfo en mulleres levoullo Carmela Menduiña do Ría de Aldán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.