Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de agosto de 2017

NOVA CONVOCATORIA DO PLAN DE EMPREGO DA DEPUTACIÓN














O Concello de Cambados realiza, a través do Plan de Emprego da Deputación de Pontevedra, unha nova convocatoria de emprego público. O sóndeo para seleccionar aspirantes a ditos postos será realizado pola Oficina do Servizo Público de Emprego Estatal (Rúa Fonte de Fefiñáns, 4), e a selección definitiva será realizada polos técnicos do Concello, ao tratarse dunha ampliación do persoal contratado polo Plan Concellos 2017, neste proceso de contratación vaise manter as mesmas bases aprobadas na Xunta de Goberno Local do pasado 1 de marzo de 2017, dando preferencia por esta orde aos seguintes criterios:
a) ás vítimas de violencia de xénero
b) aos candidatos/as maiores de 45 anos
c) aos candidatos/as que formen unha familia monoparental con fillos/as ao seu cargo
d) aos candidatos/as con niveis de renda máis baixa
e) aos candidatos/as con cargas familiares
Os postos de traballo ofertados nesta convocatoria son os seguintes:
2 postos de Persoal de Limpeza ou Limpadores en Xeral.
2 postos de Albaneis.
2 postos de Peóns de Obras públicas en xeral.
3 postos de peóns de Obras públicas en xeral.
Posto de Traballador Social (Asistenta Social).

Xornada parcial, 25 horas semanais e a duración é de 3 ou 4 meses dependendo do posto.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.