Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de agosto de 2017

300 PERSOAS VISITAN CAMBADOS DA MAN DA DEPUTACIÓN










Comeza o programa da Deputación de Pontevedra "En Ruta coa Depo"

En total participaron preto de 600 persoas procedentes de seis concellos da provincia en rutas por Cambados, a Illa da Toxa e O Grove, Soutomaior, Redondela e San Simón, e as Illas Cíes

O programa da Deputación de Pontevedra "En ruta coa Depo" comezou unha nova andadura esta fin de semana coa participación de preto de 600 persoas de seis concellos da provincia nos itinerarios preparados pola institución provincial. Máis polo miúdo, preto de 300 persoas percorreron Cambados e O Grove, outras  200 visitaron O Grove, Soutomaior e Redondela e hoxe luns máis de 100 persoas se desprazarán ata as Illas Cíes.
Un grupo de 60 persoas procedentes de Redondela, da Asociación Cidadelle, realizaron o sábado unha ruta por Cambados, visitando o Museo etnográfico do viño de Cambados, as Ruínas de Santa Mariña, o casco histórico de Cambados, o Pazo de Fefiñáns e o Muíño das Mareas. Pola súa banda, un grupo de 110 persoas do Centro recreativo de Torroso en Mos realizaron tamén durante esa xornada unha ruta pola Ría de Arousa, visitando a Illa da Toxa, O Grove, o museo da Salazón, o xacemento da Lanzada e percorrendo en catamarán a Ría de Arousa. Esta mesma ruta foi a elixida por un grupo de tamén 110 persoas do Club de Xubilados e Pensionistas Nosa Señora do Carme de Moaña.
Máis de 108 persoas da Asociación Beade de Vigo realizaron onte domingo unha ruta pola Ría de Arousa, visitando a Illa da Toxa, percorrendo a ría en catamarán, coñecendo os atractivos turísticos do Grove, o museo da Salazón e o xacemento da Lanzada.  Pola súa banda, un grupo de 90 persoas da Asociación de Mulleres Rurais Eira de Vigo tiveron a oportunidade de visitar tamén onte os concellos de Redondela e Soutomaior, con visita á Illa de San Simón e ao Museo Meirande , percorrendo Ponte Sampaio e o  Castelo de Soutomaior.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.