O padexeiro do Náutico O Muíño selou a súa partición en Györ (Hungría) cunha segunda medalla de ouro na proba de C1 200 metros.
A última xornada dos Xogos Europeos da Mocidade que se están celebrando na cidade húngara de Györ, deixounos outra mostra máis da superioridade do deportista vilanovés afincado en Cambados, do Club Náutico O Muiño que sumou a súa segunda medalla nestos xogos, despois da que conseguiu o pasado xoves no C1 500 metros.
Pola mañá Fontán clasificábase para a final vespertina, gañando con autoridade a súa serie. Ás 15:40 disputábase a final de medallas na que por segunda vez nestes xogos Manuel conseguía unha medalla de ouro, despois de marcar un tempo de 43.380 milésimas, a segunda e terceira posición foi para os representantes de Hungría Benedek Horváth e de Xeorxia Gia Gabedava respectivamente.
En canto a María Pérez, onte acadou o décimo
posto, 2ª na Final B. Un 10°
posto do mundo no C-1 Júnior 500 metros
sendo todavia de 1° año. Mañán
loitará polas medallas na final do C-2 500
metros e con moitas
posibilidades de acadar un metal.
Noraboa aos rapaces e como non, as familias e
a o Club Naútico O Muiño Piragüismo
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.