As padexeiras galegas nunha competición anterior |
Seguen os bos resultados do piragüismo pontevedrés no Campionato do Mundo Junior e sub-23 que se está a disputar en Pitesti (Romanía).
A canoista cambadesa María Pérez (Náutico O Muiño) e Antía Jácome (E.P. Ciudad de Pontevedra) clasificáronse para a final de C-2 500 metros junior, tras quedar segundas na súa serie. Completaron a proba cun tempo de 02:17.500, só superadas pola parella ucraína.
Pola contra en individual, María Pérez (Náutico O Muíño) non poderá loitar polas medallas e terase que conformar con participar na final B na proba junior de C-1 500.
Manuel Fontán clasificouse para a seguinte fase do C-1 200 metros ao finalizar 2° a sua calificacion nos Xogos Europeos da Xuventude.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.