Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
12 de julio de 2017
MÁIS DE 200 PERSOAS FIXERON A "DEPO-ANDAINA" POR CAMBADOS
Máis de 200 persoas participaronn en Cambados na segunda xornada de "Depo Andainas"
O percorrido polo sendeiro natural da Pastora-Umia, en Cambados, foi un novo éxito do programa organizado pola Deputación de Pontevedra
Un total de 217 persoas participaron este domingo na segunda ruta de "Depo Andainas 2017". A primeira parada desta segunda edición do programa impulsado pola Deputación de Pontevedra fora a Illa de Arousa e nesta ocasión o protagonismo foi para Cambados, co sendeiro natural da Pastora-Umia. Esta ruta, ademais, forma parte do convenio de colaboración asinado entre a Deputación e o concello de Cambados dentro da posta en valor da elección da vila do Salnés como a Cidade Europea do Viño 2017.
A lúdica xornada comezou ás 09.00h coa chegada dos máis de 200 persoas participantes nesta actividade de balde que está a ter tan boa acollida. Antes de iniciar a andaina, tódolos participantes puideron coller forzas no Mirador do Monte da Pastora cun biscoito de chocolate cortesía da organización. Así, a andaina comezou ás 09.30h, dividindo aos participantes en dous grupos dependendo do seu nivel. Así, puideron escoller facer a andaina a un paso máis lento, ou facela no grupo rápido, con un ritmo maior. De tódolos xeitos os máis de 200 participantes puideron facer todo o percorrido e visitar os principais puntos de interese do camiño, onde se fixo unha breve explicación de cada un deles. O Monte A Pastora e Ermita da Pastora, as ruínas de Santa Mariña Dozo, a Casa Ricoi (Museo Etnográfico e do viño), a Torre de San Sadurniño, a desembocadura do Umia, espazo natural protexido, e a Marisma do Umia foron os lugares de interese.
A actividade rematou pasadas ás 13.00h, tras máis de 3 horas e media de andaina, e fíxoo coa degustacións dunhas empanadas que permitiron aos participantes repoñer forzas tras completar os sete quilómetros de percorrido que ten o sendeiro Pastora-Umia.
O programa "Depo Andainas", que vive este ano a súa segunda edición tralo cheo absoluto do ano pasado, cando se esgotaron as prazas, ten por obxectivo impulsar hábitos saudables, promover o turismo deportivo e de territorio, as actividades ao aire libre e poñer en valor a riqueza medioambiental, etnográfica, cultural e patrimonial da provincia de Pontevedra.
A próxima actividade de "Depo Andainas" celebrarase o 10 de setembro e nela visitarase Vilaboa e as Illas Cíes. De cara a esta terceira xornada do programa da Deputación de Pontevedra as inscricións abriranse o día 28 de agosto. Posteriormente, desenvolveranse dúas rutas máis, unha en Tui co Camiño de Santiago e, en último lugar, a outra en Soutomaior
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.