Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de julio de 2017

DOUS OBRADOIROS DE EMPREGO PARA A MANCOMUNIDADE DO SALNÉS











Clausura do anterior Obradoiro


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís presentou esta mañá en Cambados a concesión, por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria, de dous novos obradoiros de emprego para a Mancomunidade do Salnés, un destinado á hostalería e outro a xardinería e xestión de redes.
Na presentación estivo acompañado do presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, e do xefe territorial de Industria en Pontevedra, Ignacio Rial.
“Hostalería do Salnés IX” favorecerá a un total de 20 desempregados e estará destinado á súa formación en labores de cociña e restaurante-bar. Tal e como asegurou Cores Tourís, este obradoiro terá unha duración de 9 meses, cun investimento procedente da administración autonómica de case 280.000 euros.
A Mancomunidade destinará este obradoiro a formar e preparar a profesionais que aprenderán a organizar xornadas de degustación de pratos típicos galegos, 9 xornadas gastronómicas de pratos típicos do Salnés, xornadas de alta gastronomía, a difundir a cociña típica do Salnés e a preparar pratos eleborados para o comedor social de cáritas. Como en anos anteriores, os alumnos tamén colaborarán coa Asociación AFASAL.
Por outra banda, “Salnés Tecnolóxico e Medioambiental” centrarase, no eido da xestión de redes en proveer as zonas públicas rurais dunha rede de comunicación, mentres os alumnos de xardinería traballarán para mellorar e recuperar entornos degradados pola carencia de actuacións de mantemento, deseño de xardíns non acordes co entorno e mellorar a imaxe dos 4 concellos participantes (Meis, Ribadumia, Meaño, Vilanova de Arousa) para goce dos cidadáns e para atraer máis turistas. Este obradoiro contará con 20 alumnos e 280.000 euros de investimento.
Os alumnos iniciarán a implantación da instalación de telecomunicacións con fibra óptica en lugares públicos das zonas rurais dos concellos e porán en marcha plans de recuperación, conservación e mellora de xardíns, áreas recreativas e os respectivos contornos de titularidade municipal.
Unha vez resolta a convocatoria, agora procederase á selección dos alumnos e alumnas a través das oficinas de emprego. Terán preferencia, en xeral, as persoas beneficiarias da Renda de Integración Social de Galicia (Risga); mulleres; vítimas da violencia de xénero; menores de 30 anos; traballadores que esgotaran as prestacións ou subsidios por desemprego; parados de longa duración; maiores de 45 anos; persoas sen titulación universitaria ou de FP de grao superior; e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. Estímase que os obradoiros comecen no mes de setembro.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.