Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de julio de 2017

A SUBVENCIÓN DA XUNTA POLA QUE AGARDAN OS CLUBES GALEGOS XA PODEN SER TRAMITADAS














O pasado luns 17 de xullo, publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución coas listaxes definitivas de subvencións a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas, convocadas pola Resolución do 25 de novembro de 2016.

Esta le a axuda pola que agardaban dous clubes cambadeses que se viron en serios apretos esta tempada,o Xuventude Baloncesto e o Tenis de Mesa Cambados 

En total, o importe das axudas concedidas ascendeu a 2.080.000 € (110.000 € máis que na anterior convocatoria), destinándose 1.950.000 € aos clubs e sociedades anónimas deportivas, e 130.000 € ás agrupacións deportivas escolares coorganizadoras da campaña do deporte escolar da Secretaría Xeral para o Deporte.
En relación ao número de beneficiarios, no que respecta aos clubs e sociedades anónimas deportivas, valoráronse un total de 1558 solicitudes, resultado beneficiarias 1280 (76 solicitudes beneficiarias máis que na anterior convocatoria). Ao respecto das agrupacións deportivas escolares, resultaron beneficiarias as 30 agrupacións solicitantes (4 máis que na anterior convocatoria).
Os beneficiarios dispoñen de prazo para solicitar o cobro e xustificar a subvención, dende mañá martes 18 de xullo, ata o xoves 17 de agosto de 2017.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.