A Policía Nacional detivo o pasado martes 11 de xullo a tres mozos como presuntos autores dun delito de roubo con forza nun domicilio de Vilagarcía de Arousa do que levaron ferramentas eléctricas, instrumentos musicais de gran valor, equipos de son e sprays de grafiti.
Ademais do roubo en si, e de que foron detidos hai escasos días pola Garda Civil por outros delitos, resulta rechamante a forma en que se produciron os seus arrestos. Unha patrulla policial observou a varios mozos realizando pintadas na fachada dunha vivenda e, cando lles deu o alto, comprobou que estaban a utilizar sprays que subtraeran nunha casa próxima.
Tras a súa detención, os axentes comprobaron que formaban parte dunha banda desartellada recentemente pola Garda Civil de Cambados por decenas de roubos en toda a comarca do Salnés.
Ademais, a un dos tres detidos desta semana atribúenselle outros dous delitos, un polo furto dunha televisión e xoias na casa da súa noiva e outro pola apropiación indebida a de bicicleta dun amigo.
Os tres foron postos a disposición xudicial en Vilagarcía e quedaron en liberdade, pero en calidade de investigados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.