Antes de comezar, pido desculpas a todos os lectores de “Cores de Cambados” pola vocabulario que empregarei pero debo sinalar que hoxe falarei duns fillos de puta, duns verdadeiros e desgraciados fillos da grandísima puta e que non son outros que os administradores das páxinas carcas “O solpor de Cambados” e “Sombras de Cambados” así que comezarei dende un principio.
Como xa temos comentado, en mais dunha ocasión, a chegada do Cuatripartito ao Concello de Cambados e, polo tanto, o paso do Partido Popular á oposición provocou, entre outras cousas, a aparición de blogs e paxinas nas redes sociais, simpatizantes coa dereita e críticas co novo goberno municipal; hasta aí nada novo; cando gobernaba o PP, tamén existían (e, afortunadamente en algún caso, seguen existindo) páxinas críticas coa dereita: “Cambados.tk”, “A ti meu Cambados” (do sempre recordado e querido Xaquín Charlín “CHON”), “Alzalavozcambados” ou, precisamente, esta que estades a ler agora mesmo: “Cores de Cambados”; posteriormente, como resposta a ditas páxinas da dereita, apareceron “Un novo Cambados” e “La alternativa de Cambados”. Aquí, algunha vez, temos falado de ditas páxinas conservadoras, sobre todo para destacar hasta onde podía chegar a súa particular “obsesión” por intentar desprestixiar ao actual goberno municipal e que os levaban a situacións cómicas e, nalgúns casos, simplemente ridículas como, naquela ocasión (que xa temos comentado algunha vez) do primeiro ano no que o Cuatripartito tivo que organizar a Festa do Albariño; dende estas páxinas dixeron que a esquerda había arruinado a Festa e que a mesma fora un fracaso, o divertido do caso (e que amosa hasta que punto están obsesionados os mesmos) é que todos eses comentarios fixéronnos unha semana antes de que empezara a Festa do Albariño: estaban tan ofuscados con querer criticar ao goberno municipal que, nin sequera esperaron a ver os resultados e actuaron coma unha sorte deses adiviños que podes atopar a altas horas da madrugada, en calquera canle de televisión, botando as cartas.
Hai moitos mais casos que podiamos contar, como aquela ocasión na que pechou un supermercado en Castrelo e, como non, a culpa, para eles foi, tamén, do Cuatripartito ou, a mellor de todas: recen nomeada alcaldesa, Fátima Abal e, cando nin sequera levaba 48 horas hábiles como rexedora, os de “Así es Cambados” colgaron fotos dicindo que si o pobo estaba sucio, que si non se limpaba etc., todo iso, cando a alcaldesa, nin sequera se había sentado, por primeira vez, no seu despacho.
Persoalmente eu alégrome de que aparecesen estes “iluminados” porque do patéticos que son hasta resultaban divertidos e, pasábamolo pipa, entrando en “Asi es Cambados” para rebaterlles as súas “pallas mentais” aínda que, co paso do tempo, e tras collelos en mais dun renuncio, acabáronme bloqueando, arrebatándome tales momentos de divertimento.
Pero o que nunca pensei hasta fai uns días é que, no seu afán de pintar de negro o que é branco, puideran chegar a ser tan, como dicilo ……. verdadeiros fillos de puta.
A cuestión é a seguinte: moitos coma min, de seguro que lestes na prensa a noticia de que na próxima Festa do Albariño a Policía Local de Cambados verase reforzada con efectivos das policías locais de Porriño, Nigrán e Tui e, o que é mais importante, cun grupo especializado da Policía Local de Vigo denominado GOA (Grupo Operativo de Apoio) especializado en reforzar a seguridade en actos con presenza masiva de xente; obviamente esta era unha boa noticia pois, este ano hai dúas razóns fundamentais para extremar a seguridade: que Cambados sexa a Capital Europea do Viño e, sobre todo, polo nivel 4 de alerta antiterrorista no que se atopa todo o Estado Español e que leva a extremar as medidas de vixilancia en actos multitudinarios por ser potenciais obxectivos de atentados; todos os que traballamos no terreo da seguridade, xa sexa nos Corpos e Forzas do Estado ou, como no meu caso, na Seguridade Privada, o primeiro que nos ensinaron no seu dia é que a seguridade absoluta non existe e que sempre é mellorable de aí que eu, coma moitos, alegrárame ao ler tal noticia.
Pero o que menos podía imaxinar é que algún fillo de puta puidera pintar isto como algo negativo cando, como vimos de ver, non deixa de ser algo enormemente favorable para Cambados e para a festa …… como non quero que me acusen de manipulador, reproduzo textualmente o que dixeron en “O solpor de Cambados” e en “Sombras de Cambados”, respectivamente, a tenor de dita noticia.
“La fiesta del Albariño siempre se ha caracterizado por la ausencia de incidentes (…). Estos titulares lo que van a conseguir es disuadir a los visitantes que se acercaban a disfrutar de lo que los cambadeses estabamos convencidos que era la mejor fiesta del mundo”
“Menuda imagen ha ofrecido el Cuatripartito de la fiesta anunciando un ferreo control policial. Al menos esa es la impresión que están dando”
Perdoádeme, queridos amigos, pola miña pouca orixinalidade na variedade de adxectivos pero hai que ser moi pero que moi fillos de puta para facer estas declaracións porque sexamos sinceros ¿realmente quen son os que teñen que preocuparse de que haxa un reforzo policial? a min ocorréseme, en concreto, tres grupos de individuos aos que, dende logo, non lles contenta tal presenza armada: os delincuentes i, especialmente, os “carteristas” que en todas as concentracións de xente fan o seu particular “agosto”; os condutores que, despois de beber mais da conta van a coller o coche co correspondente risco para eles e, sobre todo, para o resto de cidadáns e, por último, os que en toda festa van, simplemente, a “buscar bronca” e montar “lio”; como digo estes son os que, de verdade, teñen que preocuparse da presenza policial, pero o resto: a xente de ben, os que quedan cos amigos, para gozar da festa ou, como no meu caso, pai de tres nenos que terei que levalos ás atraccións, creo que estaremos mais tranquilos sabendo que se reforzou a seguridade neses días.
As declaracións que vimos de ler déronme por pensar si os administradores das páxinas carcas non estarían nalgún dos grupos que numerei para que rexeiten o que eles denominan “ferreo control policial”.
Por certo neste caso amosase a hipocrisía e a dobre moral destes elementos porque, precisamente, foron eles os que, o ano pasado alegaban falta de seguridade para que o acto de nomeamento de novos cabaleiros do Albariño seguise a facerse no Patio de armas do Pazo de Fefiñans en vez de facelo na praza, como reclamabamos moitos, para que, así, o puidesen presenciar mais cambadeses. ¿pódese ser mais hipócrita? .
Por último non quero esquecerme de Luís Aragunde, quen no seu perfil de Facebook, compartiu o artigo de “O solpor de Cambados” onde se recollían estas manifestacións; normalmente cando compartes algo nas redes sociais, como neste caso , salvo que expreses o contrario, é porque coincides co que alí se expón; obviamente (e isto quero remarcalo) a diferenza dos administradores de “O solpor” e “ Sombras” non considero a Luís Aragunde un fillo de puta (como intentaron, en outras ocasións, poñer tal aseveración na miña boca ), basicamente porque coñezo á nai de Aragunde e para min é unha SEÑORA con maiúsculas que ten todo meu respecto e, ante a cal, soamente podo poñerme aos seus pes pero, dende logo, nunca pensei que Luís puidera caer tan baixo porque si hai alguén en Cambados que debería comprender mellor que ninguén a importancia de reforzar a seguridade ese non é outro que Aragunde pois cando el era alcalde, en mais dunha ocasión, tivo que sentarse co xefe da Policía Local, a Garda Civil e outras autoridades para analizar o dispositivo a montar ante a que é, sen dúbida, a semana mais complicada do ano, en Cambados, en materia de seguridade.
Aragunde ao darlle pábulo a declaracións coma as anteriormente vistas, demostra estar mais preocupado en buscar calquera escusa, por banal que sexa, para atacar ao Cuatripartito que no realmente importante e que non é outra cousa que o benestar e a integridade física de tódolos cambadeses.
En pouco menos dun mes empeza a que é, para a maioría dos cambadeses, unha das datas mais esperadas do ano, moitos desexamos que sexa unha festa tranquila e que a mellor noticia sexa, a ausencia de incidentes e, por tanto, debemos agradecer ás distintas autoridades tódolos esforzos e medios que están poñendo da súa parte para lograr tal fin; lamentablemente, como vimos de ver, hai xente que desexaría todo o contrario, ala eles coa súa conciencia porque dende logo a xente de ben de Cambados tena moi tranquila.
UN SAUDO A TODAS E A TODOS
RICARDO DOMINGUEZ REY
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.