Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de julio de 2017

AUGAS DE GALICIA SOLICITA AOS VITICULTORES DO SALNÉS O COMPROMISO DE EVITAR A CONTAMINACIÓN DO MEDIO AMBIENTE










Ademais, abordaron os puntos chave da próxima ordenanza de vertidos e o censo das conexións existentes para comprobar que todos os usuarios cumpren cos requisitos especificados na súa autorización
Cómpre salientar que este encontro enmárcase dentro dun programa de accións conxuntas que están a desenvolver a entidade comarcal e o organismo de conca, que, en semanas pasadas, deu lugar a unha reunión co sector da conserva 

Augas de Galicia e a Mancomunidade do Salnés pediron ao sector vitivinícola o seu máximo compromiso para optimizar o funcionamento da rede de saneamento do Salnés e evitar, así, posibles afeccións ao medio ambiente. Así o manifestaron os técnicos da Demarcación Galicia-Costa e os membros da entidade comarcal durante unha xornada informativa organizada na súa sede para concienciar e sensibilizar aos representantes do sector sobre a importancia de cumprir coa normativa vixente en materia de tratamento das augas residuais.
Os técnicos da administración hidráulica de Galicia explicaron aos empresarios que, en época de vendima, aumenta a cantidade de refugallo sen pretratar na rede, o que provoca a retardación do sistema de depuración e do tratamento das augas residuais. Deste xeito, piden ao sector a súa máxima colaboración e o estrito cumprimento dos requisitos establecidos nas respectivas autorizacións.
Ademais, aproveitaron o encontro de hoxe para abordar os puntos chave da próxima ordenanza de vertidos na que está a traballar a Mancomunidade do Salnés en colaboración con Augas de Galicia e avanzaron o censo de conexións á rede que está elaborando Augas de Galicia co fin de comprobar que todos os usuarios cumpren cos límites de vertido contemplados na súa autorización.
Cómpre salientar que esta xornada informativa enmarcase nun programa de accións que de forma conxunta están a desenvolver a entidade comarcal e o organismo de conca co obxectivo de mellorar o funcionamento do sistema de saneamento e depuración da zona. Froito desta colaboración, en semanas pasadas, celebrouse outro encontro cos representantes do sector conserveiro da zona para, da mesma forma, acadar o compromiso de todos na mellora da calidade das augas e o óptimo saneamento das rías galegas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.