Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de julio de 2017

A XUNTA TERÁ UN PLAN ESTRATÉXICO DA CONSERVA











A Xunta vai presentar este mes un plan estratéxico da conserva para planificar as perspectivas do sector. Alberto Núñez Feijóo di que os obxectivos do plan son modernizar a industria e apostar polos produtos de alto valor engadido.
Salienta que a Xunta destinará 96 millóns de euros ata 2020 para que as empresas conserveiras poidan dar un salto de calidade e competir a nivel global

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que nas vindeiras semanas Galicia terá un Plan Estratéxico da Conserva, froito dunha análise pormenorizada da industria conserveira, que permitirá imprimirlle ao sector “un rumbo certo cara ao futuro”. Recordou, ademais, que o sector ten que seguir crecendo de dous xeitos: internacionalizándose e tamén trasladándolles aos máis novos a importancia de consumir peixe e marisco, con campañas de difusión como as que leva a cabo a Xunta.
Fíxoo durante a visita á fábrica de Conservas La Brújula en Ribadumia, unha das máis punteiras do sector, que foi remodelada recentemente. Esta renovación, aplicando a última tecnoloxía para mellorar a conserva tradicional, foi apoiada con 3,2 millóns de euros pola Xunta e está a crear 40 empregos directos. Esta axuda forma parte do paquete de máis de 260 millóns de euros que desde 2009 se destinou a modernizar a industria de transformación agroalimentaria, tendo sempre a innovación como eixo central.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.