Un lume na cociña dun barco de pesca mobilizou esta mañá aos bombeiros de Ribadumia. Foron, precisamente os membros de extinción, os que, ás 10:50 horas poñían en alerta ao 112 Galicia, así como, distintos particulares que tamén vían as chamas. Indicaban que ardían madeiras dun barco en reparación nun asteleiro no exterior do arsenal, en Tragove.
Tras recibir o aviso, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento de Protección Civil, da Garda Civil e da Policía Local.
Unha vez no punto, os membros de Protección Civil confirmaron que o que ardía eran madeiras da cociña do barco. Aseguraban, ademais, que ninguén resultara ferido. Persoal de Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia e a Autoridade Portuaria tamén foron informados polo 112 Galicia.
A esta hora, os bombeiros tras sufocar as chamas, continúan no punto coas tarefas de ventilación.
Imaxes-Protección Civil de Cambados
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.