Xunta do Goberno provincial aprobou onte a resolución da liña de axudas para entidades sen ánimo de lucro para promover, fomentar e difundir actividades culturais do Ano do Patrimonio 2017. Esta liña está dotada cunha partida orzamentaria de 245.000 euros e o número total de entidades beneficiarias ascende a 283.
Convén lembrar que as accións obxecto destas axudas deben orientarse a mellorar a calidade de todas as manifestacións culturais e, en especial, as dirixidas á reivindicación e difusión do patrimonio material e inmaterial da provincia de Pontevedra, e que contribúan á difusión, mantemento e recuperación da nosa cultura e tradicións. A convocatoria especificaba seis tipoloxías concretas de actividades subvencionables: xornadas e eventos relacionados coa memoria histórica; actividades relacionadas co patrimonio histórico-artístico, arqueolóxico e natural; actividades para a posta en valor do patrimonio inmaterial propios de vilas e/ou comarcas da provincia, tales como costumes, tradicións, etnografía, crenzas e mitos; festivais, mostras, encontros e certames culturais; certames e actividades de posta en valor da pintura, escultura, arquitectura e banda deseñada; e intercambios culturais para potenciar o patrimonio musical.
Na comarca do Salnés o conxunto das axudas ascende a 22.849 euros, para un total de 28 entidades. Do concello de Vilagarcía proceden 11 entidades solicitantes, de Sanxenxo 6, de Meaño 3, de Vilanova, Cambados e O Grove 2 entidades de cada un, e de Meis e de A Illa 1 entidade de cada un.
Vilagarcía
Amigos de Galicia -1.240€
Os Tres Castros- 835€
O Gato Negro- 580€
O Faiado dá Memoria- 990€
Agrupación Micolóxica, 780€
Coral Rosalía de Castro- 580€
Zona Aberta- 800€
Cine Club Ádega- 910€
Ameixa Rock- 1.400€
Malveiras- 835€
A Xunqueira- 660€
Cambados
Coral Polifónica- 466€
Embarcacións- Tradicionais A Torre 466€
A Illa
Coral Polifónica Municipal- 427€
Meaño
Club de Pensionistas e Minusválidos- 485€
Unión Musical- 1.200€
Colectivo Penaguda- 580€
Meis
Cabemeis- 720€
Vilanova
O Castro- 1.160€
Fundación Vale Inclán- 1.000€
O Grove
Emgrobes- 870€
Agrupación Ornitolóxica- 1.200€
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.