Hoxe cúmplense dous anos da lexislatura no Concello de Cambados.Se vinte anos non son nada, figurádevos comparar un bienio proguesista precedido por vinte e oito anos de conservadurismo oligárquico con todas as avantaxes de ter gobernos "amigos" na Xunta e na Deputación con ese pensamento retrógrado e caciquil de "se son dos nosos, han vir mais cartos á vila". O mesmo argumentario táctico na oposición pepera con reviravolta "non saben nin lles dan e non son do mesmo partido". Isto cando funciona socialmente, i en Cambados funcionou, reflicte unha comunidade conservadora, pouco dada aos cambios, subdesenrolada económicamente e pechada en sí mesma.
Mais Cambados mudou bastante dende o ano 87 e ainda que non o pareza, percíbese nas pequenas cousas,nas conversas cotiáns, na formación académica mais universalizada, na profesionalización dos sectores productivos,¡que llo pregunten ás mariscadoras dende a etapa do Castelete ata agora, ¡uo a miña xeración que cando unha parella decidía"interrumpir temporalmente la relación" é dicir, divorciarse, eran coñecidos na recta de Carril, nos apartamentiños unipersonais, coma villadivorcio.
O PP de Cambados cada ano que pasa téno máis difícil mentras a vila medre en todos os ámbetos, que non confundir coa dereita, a dereita é eterna neste sistema, que lle pregunen a Marx,a Karl o alemán, eles son máis seguidores de March, da banca catalana March, e son eles os que teñen que rendir contas deses gobernos amigos durante tanto tempo, facían falla as depuradoras na ría?, fan, Era necesario uns aparcamentos que potencien o comercio e o turismo?, son¡ pero era mellor especular, Era necesario unha Gardería pública para uso e compatibilidade laboral dos traballadores, ou se a Xunta mo dá, cólloo e logo privatizo o servizo? Dios proveerá¡¡¡
A lei é soio para Cataluña ou se son "amighos" ti vas fasendo"?, e suma e segue.
O Circo estaba no seu bando, igual que os medios de comunicación pagados, mellor dito untados-de unto-con diñeiro público.
A estratexia do PP está clara, tentar demostrar que non hai goberno en Cambados,e se non. míntese,que non dialogan coas institucións cando son eles os que poñen atrancos como o famoso Centro de Dia, Pensade se fora o goberno bipartito da Xunta e eles no goberno locai e lle rouban no edificio; que poría a prensa?
Si, son un goberno baixo unhas premisas mínimas e vése canto mais pasa o tempo. Se fora doutra forma esto tamén sairía, que Cambados non é tan grande e depende dos catro gañar o futuro, inda que todos teñen o dereito e o deber de defender os máximos ideolóxicos de cada formación,o PP axuda moito a esta unión.
Imaxes- Faro de Vigo e Diario de Arousa


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.