A pasada fin de semana a nosa comarca recibíu a visita dos bloggers británicos Luiz Hara (thelondonfoodie.co.uk), Sarah Lee (ivesharetravel.com), Laura Lynch (savoredjourneys.com) e Michael Turtle (timetravelturtle.com).
Durante a visita, que ten por obxectivo a promoción internacional dos viños da denominación de orixe Rías Baixas, os bloggers visitaron varias adegas, así como enclaves de especial interese turístico.
As oficinas da Mancomunidade do Salnés acolleron na mañán de onte luns unha comparecencia dos participantes na viaxe dun grupo de bloggers internacionais do mercado de Reino Unido que durante todo este fin de semana visitaron a zona. Á devandita rolda de prensa asistiron representantes tanto da Ruta do Viño Rías Baixas como da Mancomunidade do Salnés, que estarán acompañados polos bloggers participantes Luiz Hara, Sarah Le, Laura Lynch e Michael Turtle.
Esta actividade, que pretende promocionar Galicia a través dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas e da oferta enogastronómica da zona, foi coorganizado pola Ruta do Viño Rías Baixas, a Mancomunidade do Salnés e Turespaña en Londres.
Os visitantes, contaron cun completo programa de actividades para este fin de semana pasado, finalizando o seu percorrido polo Salnés o luns pola mañá. Ademais do patrimonio natural e monumental, os bloggers ingleses tamén visitarán varias adegas asociadas á Ruta do Viño Rías Baixas. Deste xeito, poideron coñecer in situ a elaboración dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas, así como a ampla oferta enogastronómica que se poden atopar na zona.
Podedes seguir a estes bloggers tamén a través das redes sociais:
LuizHara:
Thelondonfoodie.co.uk
Twitter:@thelondonfoodie
Instagram:thelondonfoodie
Thelondonfoodie.co.uk
Twitter:@thelondonfoodie
Instagram:thelondonfoodie
SarahLee:
ivesharetravel.com
Twitter:@LiveShareTravel
Instagram:Livesharetravel
ivesharetravel.com
Twitter:@LiveShareTravel
Instagram:Livesharetravel
LauraLynch:
savoredjourneys.com
Twitter:SavoredJourneys
Instagram:savoredjourneys
savoredjourneys.com
Twitter:SavoredJourneys
Instagram:savoredjourneys
MichaelTurtle:
timetravelturtle.com
Twitter:@michaelturtle
Instagram:Michaelturtle
timetravelturtle.com
Twitter:@michaelturtle
Instagram:Michaelturtle
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.