Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de junio de 2017

EN POUCOS DÍAS ARRANCAN AS OBRAS DO ASOREY












José Manuel Cores Tourís, asistiu esta mañá ao repranteo das obras de ampliación do IES Francisco Asorey de Cambados.
Estivo acompañado no acto polo concelleiro de Educación de Cambados, Víctor Caamaño, así como polo xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, representantes da empresa adxudicataria, San José, e o director do centro, Ángel Manuel Rey.

“Grazas a esta ampliación, o centro poderá atender á demanda da implantación da FP Básica, así como a adaptación dos ciclos formativos profesionais á LOMCE, que pasan a ter unha duración de 2.000 horas”, explicou Cores Tourís, quen engadiu que os traballos se desenvolverán na época estival, minimizando así o impacto na actividade habitual do IES. “A empresa traballará sábados e domingo si fai falta, porque queremos que as obras estean rematadas en catro meses”. Co que desminte ao Delegado de Educación que acusaba ao Concello de retrasar a obra.


Segundo establece o proxecto, para a ampliación do centro procederase á demolición dunha parte da cuberta existente e, a partires de aí, proceder á construción de novos espazos destinados a aulas e espazos polivalentes.
É dicir, que se substituirá a baixo cuberta actual por unha nova planta, de 600 metros cadrados útiles, que albergará un total de sete novas aulas (2 aulas polivalentes, 3 aulas taller e 2 aulas de desdobre), así como dous aseos e almacén de limpeza.
A ampliación do IES Francisco Asorey enmárcase dentro do Plan de Infraestruturas 2016-2020 deseñado pola Consellería de Educación, que ten como obxectivo mellorar a infraestrutura e o equipamento educativo para garantir unha educación pública de calidade.
Este investimento é posible grazas ao Plan de Infraestruturas da Consellería 2016-2020, así como aos recursos obtidos a través do Fondo de Superávit de Responsabilidade co que o Goberno central vén de recompensar a Galicia por ter cumprido o obxectivo de déficit marcado.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.