Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de junio de 2017

DOUS ANOS DE GOBERNO (III): TINO CORDAL E XURXO CHARLÍN.












O partido da rexeneración democrática presentou un equipo de homes e mulleres comprometidos con Cambados que naceu para acabar coa apatía política do pobo, eliminar a corrupción do Concello de Cambados e loitar contra o desemprego, axudando aos veciños que máis o necesitan. Unha tarefa así leva coma áncora a honradez, a participación e a igualdade, onde a cidadanía teña un rol protagonista. Unha formación desde o seu berce Asamblearia e cunha folla de ruta onde hai principios irrenunciables que dan resposta a unha demanda dos veciños, que alguén fose quen de lle paralos pes ao Partido Popular.
Integrados na Marea Atlántica representan o que se víu en chamar “nova política”, marcando un antes e un despois coa súa chegada. Hai medo na dereita a todo o que supoña algo novo e integrador e de feito a mocidade fixo escolla por estas siglas (e todos sabemos que o futuro é da xente nova), sen esquecer a mediana idade que é a predominante na nosa vila e os nosos maiores, aos que percura dala protección e o coidado que merecen despois de toda unha vida de traballo.
Con solución de continuidade éstes últimos están sendo obxecto de ataques á súa dignidade coma personas, con recortes e a privatización encuberta dos piares básicos do Estado do Benestar, incluíndo a paralización de proxectos que o PP local puxo en marcha fai 10 anos e non foi quen de rematar. Agora co visto bó da Xunta de Galicia poñen todo tipo de atrancos para que señan unha realidade o máis tarde posível, para tildar ao actual goberno de “desorganización”, coma dixo en Pleno Aberto, José Manuel Cores Tourís (Tele Salnés).

SERVIZOS SOCIAIS, SANIDADE E TERCERA IDADE.-
TINO CORDAL
Tenente de Alcalde e Concelleiro dalgunha das áreas máis controvertidas por mor dos vetos e recortes en materia de dereitos sociais que a dereita xa ten no su ADN para favorecer aos seus amigos do sector privado. Os servizos sociais por exemplo: antes da chegada de Tino Cordal eran o máis parecido a unha feira. Tivo que entrar alí e poñer orde e número porén viñan sendo contínuas as protestas polas dilacións indebidas no manexo dos expedientes e a pouca cercanía coa xente. Hai que saír á rúa e estar a disposición dos veciños, que saiban que teñen alguén que vele por eles, e non ao revés; ir alí coma antes ocorría para que che fagan un favor que “con favor se paga” non é ético. A xente é consciente de que con Tino xa non existe ese problema, non se clasifica aos veciños segundo a súa familia ou ideoloxía porén a necesidade veña de onde veña hai que paliala sen prevenda algunha.
O Centro de día é outra das cuestións que máis polémica suscitou. Segundo Tino Cordal o anterior goberno do Partido Popular tiña que ter pechado un acordo coa Xunta cando fixo a cesión dos terreos para non estar agora nesta situación, onde pasa o tempo e todo son trabas burocráticas para a súa posta en marcha. Consultado o particular ao Sr. Tourís respostou que
“O tempo por Badaxoz é moi bó” e Aragunde, que se eu fose Alcalde xa estaba aberto … pois non sei que estivo a facer perante os seus seis anos de goberno. 


O centro de Saúde de Cambados está tamén moi deteriorado co paso do tempo. Lembro que na súa estrea levara algún premio pola súa calidade “estética” asemade calquera que pase por alí sabe coma está aquelo. Xa son varias as ocasións que Somos Cambados denunciou o seu abandono e que sendo a Sanidade unha competencia da Xunta de Galicia é paradóxico que seña o Concello quen teña que sufragaren boa parte dos seus costes, derivados do seu funcionamento. Coma persona cabal e traballadora Tino sabe que o que fai Feijoó e darlle “tantos” cartos ao Conselleiro de Sanidade e que con iso tes que te arreglar. Polo tanto que fan … doado, pois non gastar e aforrar todo o que se poida cando lembremos que a sanidade é un dereito universal de tódolos cidadáns e ten que se prestar gastando o que seña preciso, sen limitación presupuestaria algunha porque non é algo cuantitativo, senón cualitativo, e a calidade con que se ven prestando non é a apropiada, non por mor dos excelentes profesionais que a dispensan, senón polos seu estado ruinoso en equipamentos e instalacións.


ÁREA DE ECONOMÍA, FACENDA, COMERCIO, INDUSTRIA E PROMOCIÓN ECONÓMICA.-
XURXO CHARLÍN
É o inimigo público n.1 do PP de Cambados, ten ata a un home tan “moderado e pacífico” coma o Sr. Tourís preso do paroxismo. Chulo, prepotente, e unha ristra de epítetos adícalle a dereita, sinal de que non está facer as cousas mal. A verdade é que a sobreexposición nos medios faille ter algunha saída de pata de banco pero non se pode poñer en solfa o seu traballo, de iso nada hai que dicir. Con media liberación non se pode facer máis e mellor, e as cifras que manexa coma concelleiro de economía están a anos luz das que deixou o PP local, hai rigor e sensatez, algo que Aragunde nunca tivo por montera. D.Luis era coma o agora Alcalde de Sanxenxo Telmo Martín, cando loitaba pola alcaldía de Pontevedra dicía: “ e aquí vamos facer un clube de iates” … E con qué cartos, Don Telmo … “pois para algo están os créditos”. Así deixaron 750.000 euros de facturas sen rexistrar polos caixóns e veña crédito, total o pagan os veciños, que máis ten. 


É curioso: nun país coma o noso onde todavía non hai moita conciencia social o PP “gasta e gasta” e gaña eleicións e despois ven o Sr. Montoro e métenos un sabrazo en forma de impostos e recortes no que é de todos que deixan mortos, desfiuzamentos, pobreza infantil e un páramo tras deles. Son tantas as falcatruadas que fixo o equipazo de D.Luis que vai facer falla unha ristra de tempo para enmendalo. Certo que un goberno non ten que ter coma teima o non gastar e aforrar somentes, porén hai compromisos que se deben atender de xeito prioritario: un se non paga a caixa de peixe anterior non pode mercar unha nova, agás que fíes a mercancía, e vai a ser que eso non se pode facer con algo que non é teu, senon de tódolos veciños. O mesmo que a construcción da faráonica Praza de Abastos que tiña Aragunde en mente, ocultando a mansalva de impostos que ía significar para o xa de por sí castigado sector do mar. Por haber non había nen informes, autorizacións e máis amplo, unha das moitas chapuzas (cuberta da piscina municipal, pabillón de deportes do I.E.S Ramón Cabanillas incluídas) aos que xa nos tiñan acostumados os que se presentan agora coma “adalides” da xestión, será da “mala xestión” en todo caso. 



O comercio e a hostelería agás o período estival estano a a pasar moi mal. Tourís dixo en televisión que xa se nota que estamos a a saíren da crise, o dirá por él, porén os autónomos teñen que remar e remar para poder pagalas cuotas, impostos e máis amplo antes de principiar a gañar un peso. A esa xente hai que axudala e me consta que así se está a facer, promocionando e dinamizando un sector que é crave para analizala prosperidade dunha vila, tendo en conta que dan traballo a moitas familias que en moitos casos non teñen outra fonte de ingresos. Xurxo puxo énfase en que Somos Cambados é un proxecto deseñado para dar visibilidade ao sector do mar, do campo e do comercio que xunto ao sector secundario (a industria) forman o noso tecido productivo.

A industria precisamente é un dos sectores máis damnificados pola crise económica e hai moito por faceren nestos dous próximos anos para acadar que novas empresas se instalen na nosa vila e arredores, tarefa complicada pero inaprazábel, cantas fábricas tiña Cambados e cantas quedan. Por aí hai que comezar e xa se están dando os primeiros pasos coma os que esta plataforma veciñal chegada a política con vontade e transformadora está a dar. 


Por Óscar Núñez








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.