Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de junio de 2017

ABERTO O PLAZO PARA APUNTARSE NAS ACTIVIDADES PARA NENOS NO VERÁN DO CONCELLO DE CAMBADOS












A Biblioteca Municipal Luís Rei ten xa preparada unha completa programación de actividades infantís, este ano baixo o nome “Saborea o verán!” que como cada verán terá lugar entre os meses de xullo e agosto.


O obxectivo das mesmas é axudar ás familias cambadesas na conciliación da vida familiar e laboral, ofertando á vez, propostas divertidas e didácticas para os rapaces durante as vacacións. Trátase dun nutrido abano de obradoiros e xogos que se desenvolverán polas mañás, de 10.30 a 13.30 horas, de luns a venres, para nenos a partir de primeiro de primaria.  

Como todos os anos haberá actividades gratuítas relacionadas coas novas tecnoloxías, “EnREDamos cos ordenadores”, para que os nenos se divirtan á vez que amplían os seus coñecementos na informática, a internet e a mecanografía.

Tamén terá lugar un obradoiro para o achegamento á lingua inglesa (“English and fun!”).
Do mesmo xeito, con “Repasamos no verán”, tamén haberá hoco para o repaso e o apoio escolar.
Asimesmo, o obradoiro “L-emos!” dinamizará o hábito á lectura en papel e coas novas tecnoloxías, para lectores principiantes, todavía coa “L”.
Outra aposta importante será a creatividade nos traballos manuais, empregando diferentes técnicas en “Creamos cas mans!”.
Ademáis ofertaranse as seguintes actividades subvencionadas grazas ao programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia:
-Sesión de Divermaxia con A illa dos nenos, o martes 8 de agosto para todos os públicos ata completar aforamento.
-Obradoiro Libros, imaxes curtametraxes !, os martes 22 e 29 de agosto, para achegar aos rapaces o mundo da creación cinematográfica. A inscrición é de balde ata cubrir as prazas (para rapaces e rapazas a partir de 10 anos).
Para ampliar a oferta, tamén se propoñen os seguintes obradoiros de pago:

-Xadrez, os venres.
-“Pequechefs de conto!” con receitas baseadas nos contos, que se realizará na aula de catas do Salón de J. Peña durante os mércores de xullo e agosto.
-“Pintura creativa con Emérita Méndez”, que levará a cabo todos os luns de agosto.
-Robótica-Lego Educación, os xoves.



As inscricións para estas actividades realizaranse do luns 19 de xuño ao 29 de xuño. Os interesados poden achegarse pola mañá en horario de 10.00 a 14.00 horas. As prazas son limitadas e a inscrición realizarase por rigorosa orde de chegada.

Así mesmo recordade que nas diferentes casas de cultura de Corvillón, Castrelo, Vilariño e Oubiña, os técnicos de cultura do Concello desenvolverán actividades semellantes durante as referidas datas de xullo e agosto.

Dende a Concellería de Ensino, Patrimonio e Cultura do Concello de Cambados, o seu responsable Víctor Caamaño anima a todos os nenos e nenas da vila a apuntarse para gozar dun verán entre libros e diversión.

Para máis información poden contactar co persoal do Departamento de Cultura no teléfono 986 520 008, ou no 986 520 902 ext. 764 e 765.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.