Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de junio de 2017

120.000 EUROS POR TOCARSE OS COLLONS












120.000      EUROS      POR     TOCARSE     OS    COLLONS
(DOUS ANOS DE “LUISIÑO” NA OPOSICION)


Penso que seria  un interesante estudio sociolóxico investigar porque ao político pepero cústalle tanto, unha vez que desempeñou un cargo público, volver a vida real:   “baixar o lombo”, poñerse a  traballar e non intentar seguir “mamando” da teta da administración pública; sen ir mais lonxe e  tomando Cambados,  como zona de móstreo, poderiamos obter uns datos mais que interesantes e, así,  temos casos como o de Santiago Tirado que, cando tivo que deixar o seu cargo como alcalde, por intentar apartar, non sen motivos mais que xustificados, á incompetente de Botana e,  que  tras un breve regreso ao seu antigo posto de mestre, de seguida encontrou un retiro dourado cun cargo directivo  no parque de bombeiros comarcal. Tamén podiamos falar  da nosa “querida”, Rosa Oubiña, quen despois de cobrar do concello como tenente alcalde, pasou a ser deputada no Parlamento Galego. Esta “pandemia” non afecta, soamente,  aos políticos peperos senón tamén aos seus cargos “de confianza” e, así, fai pouco falabamos de Fulares quen, despois de perder o seu “choio” como “asesor”  e tras unha   breve etapa como “ejecutivo logístico de productos agrícolas” (vamos, o que ven sendo un   repartidor de verduras de toda a vida)  e, quizais, aproveitando o seu recente flamante título de “ Master Community Manager”, pois,  aí o temos, novamente, de “asesor” dun cargo público, neste caso da Xunta, “parasitando” outra vez das arcas públicas.
Por certo outro digno de mención é  o irmán de Fulares, quen tras perder o “choio” de posto  que tiña na Deputación, posto, como non, que lle foi asignado “a dedo”,  tamén atopou “recolocación”, neste caso, na Federación Galega de Futbol do sempre omnipresente Louzán ….. ¡ah! ¡non hai como ter padriños! aínda que, coma neste caso, se asemellen tanto a Vito Corleone.   
O último en engadirse a esta lista de “ cargos para mamadores da teta pública nomeados a dedo” é o ex alcalde de Cambados, Luís Aragunde.
Como ben sabedes todos, queridos amigos, fai dous anos, tras ser proclamada Fátima Abal a nova alcaldesa, Luís Aragunde pasou á oposición; daquela, mais de un, preguntámonos  que “poltrona” buscaríanlle a este “insigne” personaxe porque, soamente, os mais inxenuos podían pensar que volvería ao seu antigo traballo na Lonxa; non facía falta ser  un “mentalista” para intuír os pensamentos que rodarían pola insigne “cabeciña” do ex alcalde: “¿volver  a Lonxa?, ¿eu que compartín mesa e mantel co presidente da Xunta agora voume rebaixar a subastar caixas de peixe entre mariñeiros?? ¿e aínda por riba cun soldo inferior ao que gañaba como alcalde?”  e dito e feito: finalmente  a “poltrona”, en cuestión,  que se lle buscou foi un asento  na Deputación de Pontevedra, iso si,  cun salario anual entorno aos 60.400 euros, é dicir,  nestes dous anos de “presunto” político, “Luisiño” custoulle ás arcas públicas mais de 120.000 euros.
Eu non sei que pensaredes vos, queridos amigos, pero  a min ocórrenseme mellor destino para eses 60.400 euros anuais que pagarlle unha nómina mais que  esaxerada para o traballo que fai,  a un pobre frustrado que ten que intentar aparentar ser algo, aínda,   na política por si, dentro de dous anos, acórdanse de el para ser, novamente,  o candidato do PP á alcaldía de Cambados.
Con 60.400 euros anuais poderíase, por exemplo, crear dúas prazas de enfermería para a  sanidade galega, necesitada sempre de persoal; tamén, agora que se aveciña o verán coa correspondente ameaza  de incendios, os cartos que se embolsa Luisiño darían, por exemplo,  para  tres prazas de bombeiros forestais, traballadores  que loitan contra o lume e  que,  realmente, se gañan o seu soldo con todo merecemento.
Chegados a este punto moitos estaredes preguntándovos a que se dedica Aragunde para cobrar un soldo anual moi próximo ao  dun ministro,  a resposta é ben sinxela, xa descrita no título deste artigo:  a tocarse os collóns e, iso, é tan fácil de comprobar como darse unha volta pola paxina web da Deputación de Pontevedra onde se detalla que “as sesións ordinarias do pleno terán lugar o último venres de cada mes, ás 12:00 horas”  é dicir que  Aragunde levase ao ano mais de dez millóns das antigas pesetas por, no mellor dos casos, doce  sesións plenarias anuais mais algunha extraordinaria ……. penso que sobran as palabras pero  feitos coma estes fan que os políticos teñan tan mala fama  aínda que, obviamente,  haberaos   que, de verdade,  traballen por e para os cidadáns, aínda que ese  non sexa o caso de Aragunde porque, como veremos a continuación, o ex alcalde de Cambados, estes dos últimos anos  dedicase, mais ben, a outras tarefas.    
¿A que se dedicou realmente Luisiño estes dous anos? Pois, basicamente, a facer o “paripe”,   a intentar buscar titulares de prensa  aínda que foran con escusas, en algún caso, sinxelamente ridículas, exemplos hainos a puñados pero, simplemente, vamos poñer dúas mostras do patético que chega ser a oposición que fai.
O primeiro caso é un feito que define á perfección aquel dito de “calumnia que algo queda”; Aragunde leva meses denunciando unhas supostas irregularidades urbanísticas nunha vivenda dun familiar da alcaldesa Fátima; a cuestión é que, soamente, son iso, supostas porque Aragunde nin foi capaz de presentar un só documento que avale as súas denuncias e, moitísimo menos, presentar demanda algunha no xulgado, iso si, polo menos consigue algún espazo nos xornais que, ao fin e ao cabo é o que busca.
O segundo caso aínda é mais patético e amosa hasta que punto poder chegar a pintar o ridículo o ex alcalde; resulta que, a semana pasada, Aragunde declaraba que lle parecía “estraña”  a utilización dun camión do servizo municipal; a “estrañeza” en cuestión era, simplemente, que o vehículo aínda non era de titularidade pública o que, para Aragunde, era un problema pois “ os operarios arríscanse a sufrir un accidente cando o vehículo  non ten a documentación transferida ao Concello” ……. Tras escoitar isto, non sei vos, pero eu, sinceramente, fíxeme unha pregunta: ¿Aragunde faise o parvo ou, soamente, quere facernos parvos a nos?  Prácticamente todos, algunha  vez, tivemos que facer algunha xestión ante a administración pública e, tamén,  mentres se xestionaba, déronnos un documento provisional que acreditaba tal acto a espera da documentación definitiva  (como, por exemplo,  o cambio de titularidade dun vehículo a motor)  e neste caso foi, simplemente, o que pasou, nin mais nin menos ¿realmente creedes que si dito camión non estivera en regra cos papeis realmente necesarios como o seguro obrigatorio estaría pola rúa?   
Moito mais “estraño” é o caso contrario: que persoal e maquinaria de titularidade pública se utilice para fins privados e beneficiando, exclusivamente, a un particular como xa ocorreu, cando Aragunde era alcalde, co tema do monte do Pinal da Maza  ¿aquilo non che pareceu “estraño” Luisiño? Ao ex alcalde ben se lle pode aplicar aquel dito popular de que “ve a palla no ollo alleo e non ve a viga no propio” ou, mellor aínda, aquel outro que di “sempre vai falar da merda ou mais cagado” pero iso xa é algo a que nos ten acostumados.
Pero, dende logo, unha cousa está clara, si algo gañou neste dous anos,  Aragunde (aparte dos susoditos 120.000 euros) foi moito tempo libre, de feito abriuse unha conta de Facebook, onde, por exemplo, nos informaba de cousas tan interesantes como a que hora saía a procesión de Santa Rita; está claro que coa súa actual  ocupación ten moito máis tempo para dedicarse aos seus “hobbies”:  a saír a remar  coa canoa  e hasta de aprender a bailar a conga   si se o propón.
Estaremos a espera para ver con que novas sorpresas  deléitanos Aragunde, mentres tanto, iso si, a seguir “chupando” do bote a conta dos cidadáns e sen esforzarse moito que xa empeza a ter unha idade non vaia ser que lle de unha hernia.          


            UN SAUDO A TODAS E A TODOS
            RICARDO DOMINGUEZ REY
    

                     

Imaxes: Faro de Vigo, Pontevedra Viva, Diario de Arousa






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.