O vindeiro martes 4 de xullo ás 18:30 no recinto feiral Fexdega (Vilagarcía) terá lugar o encontro institucional do proxecto Candieira.
Candieira é un proxecto de cooperación e traballo en rede de Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP).
Candieira é un proxecto de cooperación e traballo en rede, que aglutina aos GALP da Ría de Pontevedra, do Golfo Ártabro Norte, da Costa da Morte, da Ría de Muros-Noia, da Ría de Arousa e da Ría de Vigo-A Guarda, nun exercicio de cooperación laboral entre os 56 municipios costeiros que conforman estes GALP, e que van desde A Guarda ata Narón.
A este proxecto concedéuselle unha axuda da Consellería do Mar, no marco da convocatoria deste ano destinada a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos GALP, un aspecto que sae publicado no Diario Oficial de Galicia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.