Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de abril de 2017

CONFIRMADO OFICIALMENTE O CONCERTO DE "HEREDEIROS DA CRUS" NA FESTA DO ALBARIÑO














O sábado 5 de Agosto, Cambados recibe tras anos de clamor popular á banda do Barbanza. Tralos rumores filtrados durante a negociación entre concello e axencia, confírmase de xeito oficial que Heredeiros suben ao escenario da Praza de Fefiñáns coas súas letras descaradas e divertidas e súa a actitude provocadora e irreverente que os consolidan como un símbolo para milleiros de galegos e galegas desexosos de música e cultura coa que identificarse.

O grupo inicia a principios de xullo unha xira que repasará o mellor da súa longa carreira musical. Cun espectáculo totalmente renovado, percorrerán unha selección de localidades das que xa se coñecen as citas no Asalto ao Castelo de Vimianzo e na Festa da Dorna en Riveira.

Este tour '25 anos' pretende recalar naquelas festas populares salientables onde Heredeiros non tivera tocado todavía. A intención é celebrar por todo o alto e co máximo público posible tantos anos baixo os focos. É por eso que Heredeiros fai un 'chamamento aos seus siareiros' para que acudan a todas e cada unha destas celebracións porque 'son únicas e diferentes, como o serán os nosos concertos'.
Será unha boa oportunidade para disfrutalos na súa formación base (Fran Velo, baixo; Manu Rey, batería; Tucho Novo, guitarra; Tonhito de Poi, guitarra; Javi Maneiro, voz) e de escoitar temas que se recuperarán a propósito para a celebración deste 25 aniversario.


  Esta xira é só parte dun gran número de actividades que terán lugar durante o 2017 e que terá o seu broche de ouro, xa a inicios do 2018, coa saída dun novo traballo discográfico que verá a luz en formato vinilo.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.