Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de abril de 2017

AVISO FITOSANITARIO: SURXEN AS PRIMEIRAS ENFERMIDADES DA VIÑA












Mildio

No aviso extraordinario de onte alertábase da aparición das primeiras manchas de mildio nunha viña do concello de Cambados e anunciaban que hoxe mércores 12 comentaríase se apareceran outros síntomas na revisión das nosas fincas de seguimento que estaban facendo nese momento. Pois ben, efectivamente atopouse unha MANCHA DE ACEITE na parcela de seguimento de Barrantes (nunha folla próxima ó solo dunha planta nova que tiña gromos longos), e outra na viña de Areeiro (na base dunha vara de aprox. 60 cm de longo). As manchas non presentaban esporulación a ollo nu, pero puidose observar cunha lupa de peto que en ambos casos se estaba iniciando. 
Dáse a circunstancia de que, ó marxe das choivas que se rexistraron na provincia a finais de marzo, na estación meteorolóxica de Barrantes da rede de Meteogalicia, desde a noite do día 6 véñense recollendo temperaturas medias do orde de 10-12ºC (ou mesmo 13ºC) xunto a humidade foliar, o que sen dúbida explica alí a aparición das primeiras manchas da campaña, xa que tamén a viña de Cambados atópase cerca da de Barrantes (en San Adrián de Vilariño). Sen embargo, en Areeiro as condicións para a infección primaria non foron tan claras, o que pon de manifesto o valor das revisións ás parcelas. 

No resto de fincas non se atoparon síntomas, e tampouco nas estacións meteorolóxicas consultadas do seu entorno se deron conxuntamente as condicións mencionadas en Barrantes, xa que ou ben só se produciron temperaturas medias altas (con rexistros de ata 17ºC) ou ben houbo humidade foliar pero con temperaturas máis baixas, inferiores a 10 ºC. 

Debido á aparición destas manchas, se non se fan as convenientes revisións ó viñedo será recomendable aplicar un tratamento, que deberá ser realizado tanto máis pronto canto máis receptiva sexa a viña, é dicir, canto mais longos teña os gromos. Como todos sabemos, a estas alturas da campaña aínda se observan fincas onde as plantas apenas están desenvolvidas e presentan gromos de lonxitude máxima 4-5 cm; nestas parcelas poderase retrasar máis a intervención, pero tendo en conta que as previsións meteorolóxicas anuncian, a día de hoxe, certa precipitación a partir do martes 18. 

Agora que as plantas non cobren aínda as estruturas de condución, lembren que o volume de caldo debe ser baixo e as boquillas axeitadas para reducir a deriva do tratamento, que levaría o produto fóra da zona a tratar, co que non só se poderían producir danos para a saúde das persoas e do medio ambiente senón que se perdería eficacia na intervención

Ademais, de nada sirve facer un tratamento oportuno e ben aplicado se non se mantén ben segada a vexetación herbácea das vides. Manter a aireación das viñas é fundamental, sobre todo nestes primeiros momentos de campaña, e aínda se observan fincas onde as adventicias acadan máis altura que as plantas

Oídio

Primer sintoma de oidio en albariño Aínda que xa se empezan a mirar sintomas en plantas ou cultivos especialmente sensibles a esta enfermidade (roseiras, carballos, maceiras...) aínda é cedo para que aparezan nas nosas viñas. Non é preciso tratar.

Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella)

Xa é bo momento para instalar as trampas de feromonas para o seguimento das súas poboacións, polo menos nas parcelas máis adiantadas, aínda que lembren que a primeira xeración destas pragas non soe tratarse. 

Pedroulo e outros gurgullos

Aínda que non os atopamos en ningunha das nosas parcelas de seguimento, si nos informaron da aparición de adultos en diferentes zonas dalgunhas viñas. Co desenvolvemento da vexetación e desde agora xa nos viñedos máis adiantados, non é probable que causen, en xeral, danos. Nos máis atrasados, continuar a vixilancia. 


Outros

Esta semana xa se observan menos indicios de alimentación de lepidópteros ou síntomas de erinose debido ó crecemento dos gromos. Tampouco nesta semana observamos mais adultos de Altica na finca de O Condado onde os detectaramos a semana anterior.



Máis información








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.