Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de abril de 2017

AS VACUNAS DO TÉTANOS, DIFTERIA E TOSE FERINA NON ESTARÁN DISPOÑIBLES ATA MAIO














A partires do 2 de maio a Consellería de Sanidade restablecerá a subministración de vacinas de difteria e tétano tipo adulto (Td) e de difteria, tétano e tose ferina acelular de baixa carga antixénica (dTpa). Estas vacinas sufriran problemas de subministro en toda España que ocasionaron que os programas de vacinación se visen obrigados a interromper os seus calendarios e priorizar a súa utilización naqueles colectivos ou situacións de maior risco.
Neste momento conseguiuse a subministración de doses suficientes para normalizar o seu uso segundo as indicacións do Programa galego de vacinación e para recaptar a todas as persoas que non puideron inmunizarse no seu momento.
A vacinación con dTpa está indicada para mulleres embarazadas e para nenos. Nas xestantes continuarase como ata agora, xa que a súa inmunización considerouse prioritaria dada a gravidade da tose ferina nos lactantes. No que atinxe ao calendario infantil, vacinaranse aos nenos segundo vaian cumprindo os seis anos e administraráselles a quinta dose desta vacina a todos os rapaces que, dende maio de 2015, non a puideron recibir ao chegar a esta idade.
Polo tanto, recibirán unha dose os nacidos en 2011 que cumpriron 6 anos neste ano (antes de maio) e os que os cumpriron durante os anos 2015 e 2016 e non recibiron esta dose de recordo. Estes rapaces serán inmunizados segundo vaian acudindo aos puntos de vacinación; e a Consellería de Sanidade realizará un seguimento das coberturas obtidas para valorar, posteriormente, se resulta necesario realizar algunha iniciativa de captación activa. Ao longo de 2017 recibiranse en Galicia 69.575 doses de vacinas dTpa, nas que se investiu 1.081.752 euros.
No que atinxe á vacinación con Td, administraranse doses aos nenos que vaian cumprindo os 14 anos e aos que non a puideron recibir nestes meses pasados por falta de dispoñibilidade. Ademais, en adultos, completaranse ou iniciaranse pautas de persoas non vacinadas con anterioridade e administraranse doses de recordo. Por último, realizarase profilaxe en caso de feridas tetaníxenas e noutras situacións de risco. Galicia destinou 609.417 euros á adquisición de 92.800 doses de vacinas de difteria e tétano.
Para a administración destas vacinas recoméndase pedir cita no centro de saúde, co obxectivo de evitar problemas aos usuarios e garantir o normal desenvolvemento do sistema asistencial.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.