Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de abril de 2017

A DEPUTACIÓN APROBA UNHA AXUDA DE 138.000€ PARA CAMBADOS











O goberno de Carmela Silva aproba axudas de 138.554,85 € para Cambados ó abeiro do Plan Concellos 2017


A Deputación de Pontevedra vén de aprobar 450.000 € ao abeiro do Plan Concellos 2017, correspondente á liña 2 destinada á amortización, pagamento de débedas e gasto corrente, así como os gastos derivados da realización de actividades culturais, deportivas e sociais. Con esta última partida, a institución provincial leva investidos máis de 1,9 millóns dos  6.180.000 € previstos este ano para a liña 2, un 32,31% do total do Plan .
En concreto, as axudas, que ascenden a un total de 432.930,51 € foron destinadas aos concellos de Ponteareas, A Estrada, Gondomar, Crecente, Cuntis, Cambados, Cerdedo – Cotobade e Nigrán.

A maior partida aprobada é a do concello de Cambados, cun total de 138.554,85 para acredores de gasto corrente, para a Festa do Samaín e do Magosto, para a festa dos maios, para a Semana Santa en Cambados, para a Festa da Vieira, para as Letras Galegas, para o Entroido 2017, para a Festa do Albariño e para o Nadal 2017.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.