Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de marzo de 2017

SUBE O PARO NA COMARCA I EN CAMBADOS











O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) reduciuse en febreiro en Galicia en 154 persoas en relación co mes anterior, o que representa unha lixeira caída do 0,07%, segundo os datos que publica este xoves o Ministerio de Emprego. A  a cifra total de parados en Galicia queda en 211.924 persoas.

O desemprego estáncase no país no último mes mentres retrocede máis no conxunto estatal.

O número de desempregados rexistrados nos servizos públicos de emprego baixou en febreiro en 9.355 persoas no conxunto de España.

Polo que respecta ao Salnés o paro sube en 110 persoas destacando Cambados e Vilagarcía con 34 e 58 persoas máis apuntadas no paro. So tres vilas ven descender o paro, O Grove, Meaño e Sanxenxo con 4, 7 e 16 parados menos respectivamente.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.