Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de marzo de 2017

¿OS “PICHA SANTAS” DE AEC CANDO MORRAN IRÁN AO CEO?














       
Non sei si nalgunha ocasión comenteivos, queridos amigos, que si non existira a páxina facha de “Así es Cambados” habería que inventala porque, dende logo, aínda que, soamente, sexa polo que nos fan rir xa  paga a pena; como sei, queridos administradores de dita páxina, que leredes isto prégovos, encarecidamente, que sigades nesa liña:  sodes o mellor remedio contra a depresión, vamos, moito  mellor que o Prozac, e si fai falta facer unha colecta para que sigades adiante, eu estou disposto a ser o primeiro en recadar fondos como cando éramos nenos e pedíamos polas rúas para o DOMUND.     
Xa vos advirto que hoxe vou falar de relixión, tema que non é a primeira vez que trato aquí, sen ir mais lonxe, fai uns meses, neste mesmo blog,  xa fixera unhas observacións nun artigo titulado: “A curiosa relixión de certos peperos cambadeses”  e nas contradicións nas que caían estes “cristiáns de pacotilla”.
Ante todo quero deixar ben claro, como xa sinalei daquela, que  non critico o que a xente cree ou deixa de crer, estamos nun pais libre,  e cada un é moi libre de adorar ao deus  que máis lle pete e merece o máximo respecto por elo.
O motivo que me leva a sacar a palestra este tema non é outro que un post publicado polas “mentes pensantes” de AEC fai uns días e que reproduzo integramente:
           “Hay hipocresía e hipocresía...... los más fervientes ateos cambadeses ¡¡ahí los    iban!!..... detrás del trono del Nazareno”
          Non deixa de ser cómico  que, en temas de relixión, falen de hipocresía estas “eminencias”  porque si alguén demostrou ser hipócrita neste tema, non son outros que estes seguidores do partido da gaivota e os exemplos poderían contarse por puñados: dende non amosar a máis mínima caridade cristián polos centenares de miles de refuxiados (en moitos casos, nenos de curta idade) que foxen das guerras na zona de Iraq e Siria e  non ruborizarse, en absoluto, de chamarlle “terroristas” hasta ofender e ridiculizar a santos como San Benito (santo que hasta os ateos témoslle certo respecto) cun post de dubidoso  gusto, pasando por non respectar  o sagrado mandamento octavo que di: “non levantarás falso testimonio nin mentiras” algo do que sabe moito, entre outros,  a beata e “costaleira”  da Virxe das Angustias que, como xa sinalamos en mais dunha ocasión, podía meter a lingua no cu e non inventarse mentiras  sobre persoas que son moito máis respectables que ela. Tamén podiamos falar do noveno mandamento “non desexaras á muller do teu próximo” do que  sabe moito mais dun “pepero reconvertido” e que, despois,  son habituais ver nas procesións con  cara de “profunda devoción e sentimento” contrastando coa súa outra faciana: a duns autenticos “picha bravas” de carallo.
Dende logo o post dos “carcas” non hai por onde collelo:  ¿en qué se basean para dicir que son ateos? Que eu saiba a inmensa maioría da xente de esquerdas de Cambados non acostuma a manifestar publicamente as súas crenzas (ou a ausencia das mesmas), moitos son crentes practicantes e, mesmamente, como xa dixemos, nalgunha ocasión, a  alcaldesa Fátima Abal é catequista co cal bota por terra toda a teoría dos talibans de AEC, ou ¿acaso son estes “lumbreras” os que dan o título de quen pode crer ou quen non en Deus?
Como xa dixen ao comezo deste artigo, cada quen é moi libre de ser crente ou non e por elo merece o máximo respecto pero si me preguntades a miña opinión direivos que  eu, nisto das crenzas relixiosas, sempre mantiven que hai dúas posturas claramente diferenciadas e a mellor forma de expoñelas é unha anécdota que presenciei xa fai anos à porta da igrexa parroquial:
Resulta que un domingo á saída da misa de doce, unha muller crente e de esquerdas (seino porque teño coincidido con ela en algún mitin), observou a un mendigo pedindo á porta do templo e  decideu darlle unha esmola, cando unha muller, beata, do coro de “pelotas” do párroco José Aldao que preséncia a   escea, achégase a esta boa señora e dille toda exaltada: “¿¿pero que hace?? ¿¿No ve que don José nos tiene dicho que no le demos limosna a los mendigos que están a la puerta de la iglesia??”   Entón, esta muller, mirándoa fixamente espétalle: ¿acaso Don Jose manda na miña carteira e dime a quen lle podo dar e a quen non?.
Como dicía, anteriormente, nesta anécdota exponse moi claramente as dúas posturas ou formas de ser crente ou entender a relixión: por un lado a da primeira señora que, independentemente da súa ideoloxía ou inclinacións políticas, cree nun Deus e sabe, sobradamente o que está ben e o que está mal e fai o que lle dita a súa conciencia e, por outro lado, o da outra señora, unha “borrega” que segue o paso que lle marca os “gurús” desa institución  tan retrógrada, machista e homofóbica que é  a Igrexa Católica, Apostólica e Romana sen ter criterio propio. ….. non esquezamos que á igrexa católica sempre gustoulle que os seus fieis foran sumisos e “caladiños” e, cando, ao longo da historia, apareceu xente que suxería un debate ou poñía en dubida tales crenzas ou alentaba o debate  non dubidaban en excomulgalo como no caso de  Martín Lutero, fundador do Protestantismo ou, peor aínda,  queimalo na fogueira como fixeron co teólogo e científico Miguel Servet.   
Por certo, antes de que me esqueza, xa comento que, próximamente, si Deus,  (ou Ala, ou Buda ou calquera outro ser superior) quere, dedicareille un artigo ao párroco Don José Aldao porque o personaxe en cuestión o merece.
Despídome non sen antes rogarlle aos administradores de “Así es Cambados” que recen pola miña alma de pecador e que por moito que eu os ataque non esquezan as sabias palabras do seu mesías Xesús: “al que te hiriere en la mejilla, dale también la otra” (San Lucas, cap. 6) aínda, que, coñecendo aos administradores da páxina rancia, eles mais que de poñer a outra faciana son de poñer o cu.                               
UN SAUDO A TODOS

      RICARDO DOMINGUEZ REY






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.