Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de marzo de 2017

O CAMBADÉS ÁNGEL "PACHO" OLIVEIRA DEIXA A SELECCIÓN GALEGA Sub16






Desde a Federación respectan a súa decisión persoal e agradecen o gran traballo realizado durante estes dous anos.



Ángel "Pacho" Oliveira decidiu deixar o cargo de seleccionador galego Sub16 por motivos persoais. Unha decisión xa comunicada á dirección deportiva e confirmada unha vez rematada a 2ª Fase do Campionato de España na Estrada. Un campionato que representou a mellor despedida para Pacho, con dúas vitorias e unhas magníficas sensacións. A merecida despedida a unha persoa á que a Federación lle desexa o mellor no seu futuro persoal e profesional, a quen lle dá as gracias polo gran traballo realizado, polas súas aportacións e polo seu exquisito comportamento. E por suposto unha persoa para quen as portas da Federación manteranse abertas.

¡Moitas gracias Pacho!

Reproducimos agora, de maneira íntegra, a carta de despedida de Pacho Oliveira.


Cambados, 1 de marzo de 2017.

Amigos,

Rematada a segunda fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas, que tan brillantemente organizou en A Estrada a Federación Galega de Fútbol, no que ó bo papel desempeñado pola selección galega Sub-16 hai que sumar o enorme éxito da clasificación para a fase final de dito campionato por parte da selección Sub-18, cumpre anunciar publicamente o que dende hai semanas comuniquei á dirección deportiva da nosa federación: a miña renuncia de xeito inmediato ó cargo de seleccionador galego Sub-16 de fútbol masculino.

Dicía o recordado ex presidente Adolfo Suárez que “Hai momentos en la vida de todo hombre en los que asume un especial sentido de la responsabilidad…”, e eu tamén creo que a teño asumido dignamente nos case dous anos nos que fun seleccionador galego Sub-16. As razóns que explican a miña renuncia neste intre teñen que ver con ese sentido meu da responsabilidade e coa necesidade persoal de buscar novos horizontes nos que tentar atopar retos persoais, profesionais e deportivos diferentes ós actuais.

Quixera, nesta sinxela despedida, non esquecerme de agradecer a tódolos que durante este tempo depositaron en min a confianza necesaria e me prestaron o seu apoio, dende o presidente Rafael Louzán, o director deportivo Manuel Fernández o responsable de comunicación José Luis Chantrero, os compañeiros técnicos das seleccións Sub-18 e Sub-12 e das seleccións comarcais, ate todos e cada un dos membros que compoñen esta federación; puiden comprobar de perto que traballan sen descanso como di o noso lema: “Unidos polo fútbol galego”.

Tamén, aínda que xa tiven ocasión de dicirllo ónde conviña facelo, é xusto que mostre aquí a miña eterna débeda de gratitude para co grupo de colaboradores que tan estreitamente me axudaron nesta responsabilidade. A Roberto Álvarez (Axudante do seleccionador), Adrián Fernández (Preparador físico), César Caamaño (Adestrador de porteiros), Dr. Xoán Manuel Fernández Bastida (Médico) e José Manuel Varela Lendoriro (Fisioterapeuta), a lección de humanidade e profesionalidade que recibín deles nona esquecerei nunca.

Capítulo aparte merecen dúas das persoas que mellor exemplifican o amor polo fútbol galego e a abnegación no traballo e dedicación continuos a prol do escudo coa cruz de Santiago. A José Luis Vázquez García “Guerrero” e a Manuel Pan Varela “Pino” eu débolles moito, porque o seu exemplo significou para min a inxección de enerxía necesaria para rexurdir nos malos momentos.

Para o final, como a cortesía nos ensina, sempre se deixa a mención para os verdadeiros protagonistas de cada historia. No fútbol, que ninguén o dubide, o protagonismo correspóndelle ós futbolistas. A eles, a todos eles, ós que compartiron con nós algún partido, algún adestramento, mesmo algunha conversa, durante todo este tempo, non me queda máis que decirlles GRACIÑAS, seguide adiante na procura dos vosos soños e ogallá lembredes coa mesma ledicia ca min o voso paso pola selección galega, para que nos vosos corazóns sintades algo semellante ó que sentiu o máis ilustre dos meus paisanos, o poeta Ramón Cabanillas, cando escribiu:
“¡Galicia! Nai e señora,
sempre agarimosa e forte…”.


JOSÉ ÁNGEL VÁZQUEZ OLIVEIRA. 
Fonte: FGF







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.