Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de marzo de 2017

FIRMADO O CONVENIO ENTRE CONCELLO E DEPUTACIÓN DAS ACTIVIDADES DA CIDADE EUROPEA DO VIÑO










A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada do deputado provincial de Turismo, Santos Héctor, asinaron esta mañán coa alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, o protocolo de colaboración con motivo da declaración de Cambados como Cidade Europea do Viño.

A contía do convenio ascende a máis de 60.000 euros e contará con moitas actividades

Entre os actos e actividades a celebrar destacan:

Un Evento TIC SmartPeme no ExpoSalnés sobre a produción do Albariño. (4 abril)

- A final da Copa Deputación de Fútbol Feminino

- Os estudantes da Escola de Cantería desprazaranse ata o Concello de Cambados para realizar botellas de viño en pedra.

- “Foro Voz: Muller e Viño” no que se analizará o mundo do viño dende a perspectiva da muller (20 abril)

- " ofertará unha ruta específica para persoas con diversidade funcional que transcorrerá entre os viñedos da vila"

- “Cidade Europea do Viño pola Igualdade”, xornada de conferencias co papel da muller no sector vitivinícola como eixo (6 de xuño)

A Presidenta tamén subliñou a celebración dun novo festival de música no mes de setembro, que xunto os sete Festivais das Rías Baixas, aportará  a vertente máis lúdica e festiva á "Capital Europea do Viño".  Baixo o epígrafe de "Sete máis un" este novo festival servirá como peche da temporada de festivais do verán e vai ser unha acción puntual e específica para celebrar esta distinción.

A presidenta da Deputación comentou que ... “Atopo incomprensible que outras administracións como o Goberno de Madrid ou a Xunta non estén a apoiar a Cambados” e tamén sinalou que “este convenio serve para poñer en valor a nosa autenticidade, e no caso da viticultura Cambados compite con calquera outro lugar do mundo”









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.