Os salóns de Exposalnés lucirán as próximas semanas unha boa parte da expresión artística de Luz Laya. A emerxente artista vilagarciá inaugurou o pasado venres dia 10 de marzo a súa exposición que leva por nome "Contrapunto". Esta será a primeira mostra que realiza en solitario na comarca e poderase visitar ata o próximo 2 de abril.
Despois de case vinte anos fóra de Galicia, a vilagarciá, afincada desde hai un ano na Coruña, reaparece cunha proposta que recrea a súa morriña pola década dos anos noventa e toda a actividade cultural da época.
O propósito de "Contrapunto" está concibido ademais como unha metáfora íntima da experiencia persoal vivida tras os oito anos nos que Luz Laya traballou no municipio cambadés.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.