Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de marzo de 2017

A DEPUTACIÓN FIRMA CONVENIOS CON TRES AGRUPACIÓNS AGRÍCOLAS













Carmela Silva destaca o seu apoio ao mundo do agro na firma de tres convenios con agrupacións leiteiras, frutícolas e de productos da horta da provincia

As tres entidades realizarán actividades formativas entre o seus socios para acadar produtos ecolóxicos e a máxima calidade
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mostrou hoxe o seu máximo apoio ao mundo do agro e rural da provincia na firma de tres convenios con asociacións leiteiras, de produtores de mazá e da horta.
Silva destacou que temos na provincia uns produtos do noso agro dunha máxima calidade que deben recibir todo o apoio das administracións públicas "esta provincia é unha potencia no sector primario e dende este goberno provincial creemos que tanto o sector agrario como pesqueiro de Pontevedra ten moito futuro porque pode competir con calquer outro produto de calquera parte do mundo".
Silva recordou que o convenio coa Unión Leiteira Galega é para levar a cabo un programa formativo sobre a produción ecolóxica de leite na provincia de Pontevedra.  O  obxectivo do proceso formativo será diversificar a actividade das explotacións de leite cara a sistemas de produción en ecolóxico, facilitando o coñecemento dos produtores no procedemento a seguir para conseguir a certificación en leite ecolóxico.
O convenio coa ADF Maceiras de Tabeirós e para levar a cabo un programa formativo sobre a produción ecolóxica da mazá  na provincia de Pontevedra para conseguir a profesionalización deste sector que está inmerso nun proceso de expansión e para achegar ós produtores ás novas técnicas de cultivo e facelos máis competitivos nos mercados.
O último convenio é coa ADF do Salnés para levar a cabo un programa formativo sobre produción ecolóxica e agricultura integrada, co fin de dinamizar a horticultura na provincia de Pontevedra.
A Presidenta mostrouse moi satisfeita pola firma destes tres convenios co sector primario da provincia "para que podan ter recursos para mellorar as súas producións e  a calidade dos seus produtos porque todos temos que agradecer o traballo que fan as persoas no sector primario  por manter o noso tecido agrario na provincia".
Pola súa banda, José Benito Vence de ULEGA, agradeceu á Deputación este convenio que axudará aos produtores da provincia a coñecer as posibilidades que o leite ecolóxico ten no mercado e, sobre todo, a mellorar as súas producións.
Tamén José Antonio López, Presidente da Agrupación para a Defensa Fitosanitaria (ADF) Maceiras de Tabeirós, agradeceu tamén o convenio e, que por primeira vez, dende a Deputación se fixera algo polo sector  da mazá da provincia do cal destacou que ten un gran potencial para poder diversificar outro tipo de actividades gandeiras e agrícolas.
Por último, a presidenta da Agrupación para a Defensa Fitosanitaria (ADF) Amigos do Salnés, Lucía Chaves Aragunde, agradeceu este convenio por parte da Deputación que servirá para mellorar as produción agrícolas dos seus asociados.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.