Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de marzo de 2017

A BIBLIOTECA LUÍS REI RECIBE 4.500€ PARA DIFUNDIR O HÁBITO DA LECTURA CON ACTIVIDADES LÚDICAS








Un ano máis, a biblioteca Municipal Luís Rei, tras presentar un ambicioso proxecto de dinamización da lectura de cara aos vindeiros meses, vén de recibir a través da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria 4.250€ grazas ao programa Ler conta moito.
A contía destinarase á posta en marcha de marzo a outubro dun total de 22 actividades a prol da animación á lectura e á proxección das bibliotecas e axencias de lectura como espazos culturais lúdicos.
Ditas iniciativas teñen en conta o calendario de celebracións e manifestacións culturais próximas. 

Deste xeito comezarán a vindeira fin de semana colaborando coa Mostra da Camelia na Salón J. Peña, na organización das actividades paralelas. Así o sábado 11, coincidindo coa inauguración haberá un concerto de música soul ás 13.00 horas da man da intérprete Iria Mejuto e o seu especial “Paseo pola música negra” a través da música e a literatura. Pola tarde ás 18.00 horas será o turno de “Dada o duende”, un trasno peculiar que cos seus contos, inculca valores coma o respecto á flora e fauna. O domingo será o turno de Miguel Cortés, experto na cultura chinesa, que co fío condutor dos “catro tesouros” achegará a aqueles que o desexen ao oriente, terra orixinaria das camelias.
Este ano no mes de marzo, abril e maio como novidade, preténdese por en marcha o proxecto “A Biblioteca Viaxeira”, que xa se viña realizando nos meses de verán, pero que desta volta artella unha serie de saídas da biblioteca a diferentes espazos, neste caso serán as escolas de Cambados, nas que difundir aos rapaces de primaria a celebración dalgunhas datas destacadas (ás veces olvidadas).
As propostas serán as seguintes:
-Luns 20 de marzo: Celebrarase o Día da Tradición Oral no cole de Vilariño, con Charo Pita e “O pucheiro de señora Emilia”.
-Martes 21 de marzo: Celebrarase o Día da Poesía no cole de Castrelo co espectáculo musical “A nosa música” de Jorge e María.
-Luns 27 de marzo: Celebrarase o Día do Teatro no Cole de Corvillón con Santi Prego e “O Teatro máis pequeno do mundo”.
-Luns 3 de abril: Celebrarase o Día do Libro Infantil e o Día do Autismo xuntando no Auditorio Municipal aos coles de San Tomé e Magariños e representantes de BATA e a As. Por Dereito. Contaremos con Raquel Queizás e a súa “Romaría”.
-Luns 15 de maio: Celebrarase con todos os colexios de Cambados no Paseo da Calzada, o Día das Letras Galegas con Migallas e o seu espectáculo “Canta connosco!” en homenaxe a Carlos Casares.
Estas son só algunhas das iniciativas que se porán en marcha de xeito totalmente gratuíto. Dende a biblioteca municipal Luís Rei preténdese dar un pulo na estimulación dos nenos, de 1º e 2º ciclo de primaria principalmente, de cara a incentivar a lectura de xeito que se adquira como hábito diario, para eso foméntase este tipo de actividades e espectáculos, todos eles baseados en contos, autores e historias da tradición oral galega. Do mesmo xeito téntase por en valor educación en valores como a tolerancia e a inclusión, o respecto polas tradicións e a cultura oral, ou achegar xéneros pouco coñecidos para o público infantil como a poesía







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.