A pericia dunha conductora evitou esta tarde unha desgraza no tramo da Vía Rápida que une Cambados e Vilanova a altura de Tremoedo, cerca das 17.00 horas, ían nun Audi A3 viron de súpeto como un eucalipto caía polo noiro da vía e invadía o carril polo que circulaban elas, en sentido Cambados. Uns veciños que estaban cortando unha árbore non puderon evitar que caíra sobre a estrada no momento en que un automóbil con duas mulleres pasaba polo lugar.

Malia todo non evitou completamente a copa do eucalipto, e chocou parcialmente contra el. As mulleres estaban ben, e o coche tiña unha avaría que provocou unha vertedura de aceite.

A árbore entorpecía o tráfico polo que houbo retencións e foi necesaria a presenza de Protección Civil de Cambados para retirar a árbore e a Garda Civil de Tráfico para regular a circulación.
Outros dous accidentes de tráfico en Cambados.
O primeiro deles foi sobre as 19.00 horas, tamén na vía rápida, pero entre Corvillón e Vilariño dous vehículos colidiron, pero non houbo que lamentar feridos.
Posteriormente, unha colisión por alcance na avenida de Galicia (en pleno centro do centro urbano cambadés) provocou que un dos vehículos atropelara a un peón. Tamén sin feridos de consideración
O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados tamén acudeu a asegurar a un cable que estaba chispeando na rúa San Saturdiño.
Imaxes: Protección Civil de Cambados
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.