Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de febrero de 2017

¡¡QUE GHUAPOS SON OS FACHAS CAMBADESES!!













¡¡QUE GHUAPOS SON OS FACHAS CAMBADESES!!
        POR RICARDO DOMINGUEZ REY

Fai unhas semanas  lin en internet unha noticia desas que che fan reflexionar, o título xa era toda unha declaración de intencións: “¿Por qué la gente de derechas es más guapa que la de izquierdas?” e, o medio “carca” que a publicaba, (www.mediterraneodigital.com) é un deses  panfletos que fai que pareza que os xornais “La Razón” ou o “ABC” semellen progresistas …. si tedes ocasión buscade o artigo en Google, pódovos asegurar que aínda os reiredes un rato cos motivos que esgrimen para facer tal aseveración.   
A cuestión é que, a pesar do “chorra” dos razoamentos empregados, fíxome pensar e decidín facer un modesto estudio de campo, tomando como mostra  Cambados para ver quen son mais guapos se os de esquerdas ou os de dereitas e teño que  dicir que os resultados non puideron ser mais esclarecedores ….  Porque,  sexamos sinceros,  si de algo podemos estar seguros é que, por exemplo,  nunca veremos ao tenente alcalde do BNG, Victor Caamaño, anunciando o café Nespresso coma unha sorte de George Clooney do Brexo nin a Xurxo Trigo desfilando nunha pasarela  en calzóns para a firma de roupa interior Calvin Klein, obviamente os cambadeses tampouco os votaron para iso pero é que si botamos unha ollada para a bancada  popular só podemos pensar: “pedazo de fachas pero … ¡¡que ghuapiños son!!”
Non sabería por onde comezar  pero por nomear  a algún destes “pivonasos” podiamos, por exemplo,  fixarnos en “Albertiño”, a quen no seu dia enchufaron no Parador, con esa presenza e co seu  1,90 m  de altura e, ademais, dende que se deixou barba xa soamente fáltalle un traxe para parecer totalmente un lord inglés ….. non me digades que non ten planta  o rapaz!! Ben podería pasar por un galán do mundo do celuloide; si un dia se hospeda no Parador algún recoñecido director cinematográfico que non dubide en deixarlle un curriculum, quen sabe si non estaremos ante o próximo Javier Bardem ou, mellor ainda, o próximo Arturo Fernández que, o primeiro é moi “rojo” e, de seguro, que a “Albertiño” non lle gusta nadiña a comparación.
Pero sigamos con mais “ghuapos” peperos e, nesta lista, non podería faltar o noso “querido” e sempre recordado “Fulares” …….. todos estamos da cordo que “Fulares” pouco ou nada aportou à política cambadesa;  a dia de hoxe moitos aínda nos  preguntamos a que carallo se  dedicaba, aparte de pasear como un cadelo ao carón do alcalde ou organizar, o domingo do Albariño, os asentos dos invitados ao xantar, tarefa mais que “meritoria” para que o Capitulo Fachisimo do Albariño considerase que era merecedor dun premio, como si todo elo o tivese feito gratis ….. un dato: o tempo que “Fulares” estivo de “asesor” do alcalde custoulle, en conxunto,   ás arcas municipais mais de 160.000 euros  pero con todo elo e volvendo ao tema que tratamos hoxe tamén é xusto recoñecer que o rapaz é ben ghuapo con ese sorriso, mestura de señor e de truán, e que, a mais dunha moza, sen dubida, empaparíalle as bragas en canto lle dedicase unha simple  mirada ……. ¡¡Ai María, María eres unha muller moi  afortunada!!….. “y lo sabes”  
Pero sigamos nesta particular lista  de “ghuapos” do club da gaivota e, agora, quería ter un especial recordo para un  concelleiro pepero que nos deixou fai uns meses …… non,  non pensedes mal non quero dicir que pasase “a mellor vida”, cousa que tampouco lle desexamos, oxalá viva moitos anos (e, sobre todo, que todos nos o vexamos) simplemente, que por motivos laborais, fóísenos para o Sudeste Asiático, ese non é outro que José Juan Cores, a quen, dende aquí, aproveitamos para mandarlle unha calorosa  aperta. Unha das cousas polas que se caracterizaba Jose Juan, na súa etapa de  concelleiro era,  cando se atopaba nos plenos,  en aplaudir de forma cínica e burlona as intervencións  dos membros , da entón, oposición para tratar de interrompelos;  pero que fora un perfecto  maleducado non quita para que se teña gañado un posto entre os “atracativos” carcas: alto, ben parecido, vamos, que podería competir  coa súa muller  en mirarse en canto escaparate, espello ou calquera superficie reflíctante    que atopase na rúa.        
Eu non sei que pensaredes vos, queridos amigos, pero chegados a este punto cabe preguntarse que foi primeiro si a galiña ou o ovo: o Partido Popular soamente colle “ghuapos” ou, unha vez, que ingresan nese partido por moi feos que sexan   dótaos  dun “sex appeal” especial,  dun atractivo que os fai irresistibles; si me preguntades a min case me inclino pola segunda opción, soamente temos que fixarnos, por exemplo, no banqueiro corrupto, o Bárcenas cambades que no seu dia “chimparon” da Caixa de Aforros e que, últimamente, dedícase a desvalixar a Comisións de Festas….. ¿canto máis guapo non está agora, dende que se meteu no PP con respecto aos anos oitenta cando era un mozo revolucionario e de esquerdas? ¡¡Nin punto de comparación!!!
Poderiamos seguir porque a lista de peperos “ghuapos” aínda da para moito máis: o propio ex alcalde Aragunde quen por tamaño e peso podiamos consideralo ghuapo e medio  ou Eulogio Pomares “Locho” quen, por exemplo, cando se quedaba durmido nos plenos, lembrábanos a eses bebes fermosos de revista, vamos, que daban gañas de darlle un bico na frente e cantarlle o “duermete niño duermete ya que sino vendrá el coco y te la comerá”.
Teredes observado que soamente falamos de “ghuapos” varóns pero, a verdade é que, as mulleres do PP, tamén atesouran moita beleza e, por iso, vamos a dedicarlle unha segunda parte a este artigo para falar deses “bellesons”….. verdadeiros “monumentos”  coma   Isabel Varela ou Mónica Brea Troncoso e, como non, á mais grande de todas, a verdadeira Raiña da sensualidade,  nosa querida Rosiña Oubiña pero iso, coma acabamos de sinalar, será nunha próxima entrega.

Foto do perfil de Ricardo Dominguez Rey                         UN SAUDO A TODOS

                                  RICARDO DOMINGUEZ REY











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.