Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de febrero de 2017

NOMEADOS DOS VII PREMIOS MÁGNUN DO VIÑO GALEGO






Auditorio Premios Mágnum vino gallego INGAVI






O INGAVI outorga anualmente estes premios que teñen por obxectivo fomentar a excelencia no sector e afianzar a imaxe de Galicia como referente mundial de viños e profesionais do viño do máximo prestixio

O Instituto Galego do Viño celebrará o vindeiro día 20 de febreiro ás 19:30 horas a Gala de Entrega de Premios da VII Edición dos Premios Mágnum do Viño Galego na que se recoñecerán os traballos e profesionais máis destacados do sector do viño en Galicia no último ano.
A cita terá lugar na Cidade da Cultura (Auditorio do Edificio Biblioteca) e reunirá aos máis importantes representantes d
o sector na nosa comunidade, así como a autoridades do eido político e social.
Como novidade, nesta edición dos Premios Mágnum incorpórase un novo galardón: o Mágnum á Mellor Iniciativa de Enoturismo. «Este galardón vén recoñecer o mérito das mellores propostas encamiñadas a desenrolar o enorme potencial do enoturismo en Galicia», en palabras do director do INGAVI, Xoán Cannas. A maiores, este ano o número de nomeados en cada categoría tamén se modifica, pasando de catro a cinco, para dar cabida á gran cantidade de proxectos decalidade que están a xurdir no sector.
Banner Premios Mágnum do Viño Galego 2017Os nomeados
O xurado concede estes galardóns en sete categorías entre as que se atopa o Mágnum Honorífico que se lle concede a unha destacada personalidade pola súa contribución en prol do viño galego.
Na categoría de Mellor Viño Galego compiten:
  • El Palomar 2014 (Zárate)
  • Lousas Parcela Camiño Novo 2015 (Envínate)
  • Caíño Finca Genoveva 2014 (Forjas del Salnés)
  • O Soro 2014 (Rafael Palacios)
  • Bastarda 2015 (Fedellos do Couto)
O premio ó Mellor Viño Revelación Galego (viños cun máximo de dúas colleitas no mercado) está entre:
  • Finca Lobeiras 2014 (Sílice Viticultores)
  • Castro Candaz La Vertical 2013 (Raúl Pérez y Rodrigo Méndez)
  • Carralcoba Blanco 2015 (Eulogio Pomares)
  • Merenzao 2014 (Fazenda Prádio)
  • Xanledo 2015 (Viñedos do Gabián)
Pola súa banda, os aspirantes ao título de Mellor Adega Galega (entendida como colección de viños):
  • Adegas Guímaro
  • Nanclares y Prieto Viticultores
  • Bodegas Albamar
  • Bodegas Rafael Palacios
  • Attis Bodegas y Viñedos
Ao recoñecemento á Mellor Labor de Difusión do Viño Galego optan:
  • Alma Vinos Únicos
  • A Emoción dos Viños
  • La Alacena Roja
  • Come e Fala (RTVG)
  • Cepas y Vinos
Á categoría que se estrea este ano, Mágnum á Mellor iniciativa de Enoturismo, optan:
  • Os Xoves de Códax (Martín Códax)
  • Adega Algueira
  • Fazenda Prádio
  • Casal de Armán
  • Pazo Baión
O Mágnum ó Mellor Sumiller no Tratamento do Viño Galego dispútase entre:
  • Eduardo Camiña
  • Xurxo Rivas (O Secreto)
  • José Luis Aragunde (Ribeira De Fefiñáns)
  • Elisabet Castro y Manuel Fernández (Mesón do Campo)
  • Francisco Chao (Casa Chao)
En canto ao gañador do Mágnum Honórifico, este darase a coñecer na propia Gala de Entrega dos Premios.

Un xurado de recoñecido prestixio
O xurado dos Premios Mágnum está composto por recoñecidos sumilleres, profesores e alumnos do Instituto Galego do Viño. Son os seguintes: Ferrán Centelles, César Ruiz, Miguelanxo Besada, Adrián Guerra e Fernando Filgueira, Mario Barrio, Esther Daporta, Luis Díaz, Jose Martínez, Juanjo Figueroa, Elisabet Castro, Guillermo Cruz, Jorge Vila e Xoán Cannas.

Como premio, unha obra de arte
Os premios estarán representados, un ano máis, por sete obras de arte; sete fermosas esculturas realizadas por Alejandra Sampedro que consisten nunha revisión da botella mágnum á que incorpora as crebas que arrastra o mar en torno ao faro Silleiro e que outorgan exclusividade a cada peza.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.