Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de febrero de 2017

CONVOCADOS OS IV PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA















A organización dos Premios Martín Códax da Música anunciou hoxe en Santiago a apertura da inscrición de candidaturas na súa cuarta edición, para a que volve contar co apoio económico da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Educación, entre outras entidades. O certame que promove a asociación Músicos ao Vivo dará a coñecer o nome dos proxectos gañadores nunha gala que terá lugar o 3 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.
O director da Agadic, Jacobo Sutil, participou hoxe nesta presentación xunto a Ramón Bermejo, voceiro de Músicos ao Vivo; María Garrido, directora de Márketing de Bodegas Martín Códax; Xosé Leal, deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra; e Demetrio Gómez, concelleiro de Cultura do Concello de Pontevedra.
Novo sistema de votacións

No acto desta mañá, celebrado na sala compostelá Riquela, fíxose público o calendario da cuarta edición, ademais das principais novidades deste ano. Entre elas, a posta en marcha dun novo sistema de votacións, ao que se incorpora un xurado profesional que será o encargado de elixir os premiados entre as candidaturas máis votadas nunha primeira fase polos socios de Músicos ao Vivo. Este tribunal estará integrado por sete profesionais do sector, entre os que haberá un xornalista, un representante das salas de música ao vivo, outro da industria musical, un do ámbito formativo e tres músicos.
Tamén se introducen cambios nas bases, como a limitación da inscrición dos premiados en 2016, que só poderán volver presentarse no caso de que o fagan con novas formacións.
En canto ao calendario deste ano, a presentación de proxectos en cada unha das categorías a concurso (16 musicais e tres Organistrum para salas, festivais e espazos de comunicación) permanecerá operativa desde hoxe e ata o domingo 5 de marzo na web www.premiosmartincodaxdamusica.com. A continuación, abrirase ata o 26 de marzo a primeira rolda de votacións na que os socios de Músicos ao Vivo decidirán os tres finalistas de cada modalidade, que se darán a coñecer o 6 de abril na Festa de Nomeados que terá lugar nas Bodegas Martín Códax de Cambados.
Por último, o xurado profesional decidirá quen dos finalistas recibirá os ‘Melómanos’, as estatuíñas de madeira creadas polo escultor Víctor Lorenzo como figuras oficiais dos Martín Códax. En total, entregaranse 58 premios a proxectos musicais galegos no transcurso da gala do 3 de maio que, como o ano pasado, será conducida polas integrantes da compañía teatral A Panadaría.





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.