Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de febrero de 2017

ARAGUNDE E A COLOMBIANA, A VERDADEIRA HISTORIA















Nunha ocasión lin, nalgún sitio, que un estudio científico  afirmaba que  afrontar a vida con optimismo e sentido de humor tiña efectos beneficiosos para a saúde; dito estudio sinalaba que as persoas felices tiñan  mellores niveis de autodefensas e a súa resistencia, ás enfermidades, era maior que na xente con tendencia á depresión.
Todo isto ven a colación porque si de algo podemos alegrarnos os cambadeses e que, coa chegada do cuatripartito ao goberno e o paso do PP á oposición, apareceran páxinas e blogs como “Asi es Cambados”, “Sombras de Cambados” e  “O solpor en Cambados”, páxinas que, si tiveramos que clasificalas, o adxectivo que mellor as definiría, sen dúbida,  seria de “humorísticas”.   
Como xa temos contado en algunha ocasión, son tan desesperados  atacando e criticando ao actual goberno de   Cambados  que soamente podes rirte coas súas publicacións; ¿pódese ser mais patético que saír a rúa a buscar  unha cagada de can para facerlle unha foto e colgala despois e dicir, con elo, que o noso pobo está sucio?  Polo visto cando gobernaba o PP os cans soamente cagaban pétalos de rosas; poderiamos poñer mais exemplos destas prácticas cómicas e que, como xa dixemos, soamente  podelas tomar con humor.
A cuestión é que, a semana pasada, a raíz da noticia de que  a alcaldesa Fátima Abal presentara unha denuncia por unha  falsa información, aparecida en internet,   que afirmaba  que fora detida pola policía, os nosos “amigos” rancios  aproveitaron para sacar a milonga,  como en outras ocasións, dun suposto rumor que, segundo eles, saira entre  os blogs  da esquerda e que afirmaba que o entonces alcalde Aragunde tiña unha amante colombiana. Como acabo de dicir, esta falacia teñen a tendencia  a sacala de vez en cando iso si, como acostuman a facer, sen probas algo que xa non nos debería de sorprender de quen non ten a valentía de dar a cara e, soamente, escriben dende o anonimato, así que creo que hoxe xa é hora de dar explicacións e desenmascarar a estes mentireiros.



Ante todo debo dicir que eu sempre que escribo sobre Aragunde  e o resto de personaxes peperos o fago dende a súa perspectiva pública, como políticos e dentro da actividade que como tal desenrolan, a min o que fagan na súa vida privada, con quen se deitan  ou deixan de deitarse “me la trae floja”……. Si de verdade quixera atacar a Aragunde, a “Fulares” ou a calquera deles no  terreo persoal, crerme que  sóbranme recursos literarios para facelo  pero, repito, nin me interesa en absoluto e, por outro lado, a vida privada de todo mundo meréceme  o máximo respecto.
Algún podería pensar que vou “de farol”  pero garántovos que, sobre todo, cando colaboraba con  “Chon”, contábanme máis de catro cousas de certos PPersonaxes, cousas privadas que nada tiñan que ver coa súa actividade pública e que,  como el ben dicía  “isto pertence ao terreo privado e, por tanto, eu nunca o  sacarei a luz e levareino comigo á tumba”  por desgraza, e dado o aprecio que, moitos,  lle tiñamos ao bo de Xaquín non pensei que cumprira tan pronto a súa palabra.
¿Pero de onde ven este rumor e porque os rancios o sacan aínda que non o sexa certo?  Vouno aclarar:
Fai cousa de algo mais de dous anos, en concreto o dia 2 de outubro de 2014 o que subscribe isto (ou sexa EU por si a algún non lle quedou claro), colguei este post en CAMBADOS NOTICIAS (non cambio nin unha coma)…..
                                               NOTICIAS DA PRENSA ROSA CAMBADESA
Infórmame unha das miñas "gargantas profundas" que un personaxe influinte da alta sociedade cambadesa (ou mais ben "suciedade") deixou a súa parella despois de mais de 25 anos de relación e agora liouse cunha "mamasita" sudamericana. O personaxe en cuestión dáme igual como si se enrrolla cunha burra pero alégrome pola sua xa "ex" compañeira, unha ex compañeira miña do instituto que sempre caeume moi ben e penso que vale moito máis ca el ......como di o refrán "non hai mal que por ben non veña
Obviamente con estes datos podería referirme a calquera e así o fixen porque tampouco ía a dicir quen era  porque como sinalei, anteriormente, a vida privada de cada un soamente lle incumbe a  un mesmo  pero como sei que si poñía iso o “interesado” daríase por aludido con isto chegábame; obviamente houbo quen pensou que me refería a Aragunde e, incluso, alguén chegou a colgar un comentario nese sentido co que tiven que dirixirme ao mesmo e ameazalo con que seria eu quen o denunciaría senón o retiraba, cousa que así fixo.        
Seguro que algún esta pensando “Canario, di a verdade, seguro que te botaches para atrás e agora queres cambiar o conto” …… aos que pensades iso soamente dígovos que nada mais lonxe da realidade, o individuo ao  que me refiria existe e,  posteriormente, tivo mais “lios amorosos”, con todo elo a súa muller volveu con el e actualmente mantén unha relación cunha señora (que non é de nacionalidade colombiana por certo) e que dende a súa vivenda (a vivenda de dita señora se entende)  ten unhas preciosas vistas ao porto de Tragove, por poder podería dar a hasta a dirección exacta pero seria involucrar a terceiras persoas e, ademais, non é a miña intención descubrilo simplemente quero que esa persoa saiba  que non lle perdín a pista; podedes pensar que isto son invencións miñas ou non pero asegúrovos que todo o que acabo de dicir é información real e contrastada e, como xa dixen, vamos a deixalo aí porque hai terceiras persoas involucradas.
Como xa comentaba ao comezo,  eu contra o Luís Aragunde cidadán de a pe non teño, en absoluto, nada en contra e, asegúrovos, que non lle desexo ningún mal; e aínda podo dicirvos mais, eu a  Aragunde considerábao  un amigo, incluso despois de entrar en política, aínda digo mais, cando xa era alcalde eu falaba con el sen problemas; o meu rexeitamento  a  Luis Aragunde ten unha data concreta: xuño de 2012 cando me contan, en primeiro lugar, que decidiu levantarlle unha estatua a un fascista no meu amado pobo, manchando, dese modo, o bo nome de Cambados e, posteriormente, cando nos quixo facer parvos a tódolos cambadeses coa “milonga” de que iso sairá dun presunto sector do viño e que el e o seu partido non tiñan nada que ver……. Nese momento comezou a miña batalla particular contra a súa xestión e, a dia de hoxe  ninguén pode dicir que o atacara mais ala da súa actividade política; lémbrome que en decembro de 2012, nunha entrevista que me fixeron en “La Voz de Galicia”  dentro da sección “Arousáns na diaspora” declarei que Aragunde era “una buena persona y un mal alcalde” deixando ben as claras, xa por aquel entonces, que a miña guerra soamente estaba dirixida contra o cargo que desempeñaba.   
Obviamente, como xa sinalei, este rumor encargouse de difundilo os de “Asi es Cambados”, do mesmo modo que a familiar dun dos administradores desta páxina  difundira non fai moito o falso rumor de  que a alcaldesa deixara á súa familia e fórase a vivir cun concelleiro, e por riba esta “falsa” vela despois toda emocionada na procesión das Angustias, ¡¡hipócrita do carallo, vas ir de cu para o inferno!!
Ademais non deixa de ser esperpéntico (e amosa hasta que punto son  cínicos)  que sexan os de AEC os que falen de meterse no terreo persoal cando  de min metéronse co meu aspecto físico, con meu traballo, con que si practicaba o onanismo desaforadamente ………… hasta coa miña pobre  piroliña se meteron!! (que será pequerrechiña pero eu quérolle moito); outro tanto fixeron con Arturo, o administrador deste blog, cando non traballaba porque non traballaba e cando traballaba intentando ridiculizalo como si tivera que  avergoñarse do seu traballo …. Pero isos xa son “gajes del oficio” que asumimos os que opinamos libremente, sen agocharnos detrás de perfís inventados nin de nomes falsos, dando a cara, loxicamente os de AEC non poden dicir o mesmo porque son uns covardes e xa se retratan eles sós.


Dende aquí animo aos “figuras” de AEC que sigan nesa liña con ese estilo  tan patético e tan seu e que  si necesitan unha merda de can para facerlle a foto (despois de que se cansaran de baleirar papeleiras) eu gustosamente mándolle a os meus cans.       
  
Foto do perfil de Ricardo Dominguez Rey                         UN SAUDO A TODOS

                        RICARDO DOMINGUEZ REY







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.