Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de noviembre de 2016

X CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MÚSICA












Un total de 15 formacións competirán nas tres seccións a concurso da décima edición do Certame Galego de Bandas de Música, que se desenvolverá os días 26 e 27 de novembro no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. A Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) organiza este evento de carácter anual, para o que volve contar co apoio económico da  Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
O Salón Teatro de Santiago acolleu hoxe a presentación do programa deste ano a cargo de Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura; Noa Morales, concelleira de Mocidade, Deporte e Benestar Animal de Santiago; Jacobo Sutil, director da Agadic; e Armando Morales, presidente da FGBMP.

Berce da cultura musical

Neste X Certame Galego de Bandas as agrupacións, foron escollidas por sorteo público o 10 de xullo entre o total federadas. As bandas seleccionadas están divididas en tres apartados segundo o número de integrantes: sección primeira (máis de 71 músicos), sección segunda (de 51 a 70 músicos) e sección terceira (ata 50 músicos).
Como novidade, este ano incrementarase o número de prazas dispoñibles de terceira sección, para dar resposta á crecente demanda dos últimos anos de formacións con menor número de integrantes interesadas en participar, e que constitúen o grupo máis numeroso de agrupacións federadas.
No transcurso do certame, as bandas deberán interpretar un pasodobre de presentación e, xa en competición, tres obras obrigadas e outra máis de libre elección. As pezas de execución obrigada son as tres premiadas no concurso de composición de 2015: ‘Sinfonietta das Cantigas’, de José Ignacio Blesa Lull; ‘As Lúas’, de Juan Pérez Berná, e ‘Olimpo dos celtas’, de Santiago Barreira Davila, polo que se asegura así a estrea anual dos títulos.
A colaboración da Xunta busca reforzar este labor a través de actividades como o X Certame Galego de Bandas, o IX Concurso Galego de Composición e o I Festival de Bandas Infantís e Xuvenís, celebrado o pasado verán.

Tres seccións a concurso

Sección Primera: -Banda de Música Cultural de Teo 
-Banda Sons e Soños de Rábade-Begonte-Outeiro 
-Unión Musical de Meaño 

Sección Segunda: -Banda da Escola de Rianxo 
-Banda de Música de Sanxenxo 
-Banda de Música Belas Artes de Cangas 
-Banda de Música de Catoira 

Sección Tercera: -Banda de Música de Antas de Ulla 
-Unión Musical de Cabral 
-Agrupación Musical de Belesar 
-Banda de Música de Visantoña 
-Banda de Música Popular de Moaña Airiños do Morrazo 
-A Lira de Rivadavia 
-Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia 
-Banda de Música de Salvaterra 

As obras premiadas este ano anunciaranse na gala de clausura do X Certame Galego de Bandas de Música, no transcurso da que tamén se fará entrega dos galardóns aos seus autores.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.