A asociación Cambados Zona Centro e o despacho de avogados Miguélez & Alonso Asociados, asinaron un convenio de colaboración que terá como obxecto a prestación de asesoramento xurídico por parte do despacho de avogados, ós diferentes asociados a CAMBADOS ZONA CENTRO. Formalizouse deste xeito unha iniciativa da Asociación encamiñada a proporcionar os mellores servizos e prestacións para os asociados.
Así pois, MIGUÉLEZ & ALONSO ASOCIADOS, prestarase a participar nas actividades formativas e divulgativas que leve a cabo a asociación de comerciantes e que se atopen relacionadas có ámbito xurídico.
Os beneficiarios do presente convenio serán tódolos comerciantes asociados. Deste xeito,os beneficiarios contarán entre outros cós seguintes dereitos como consultas gratuítas, telefónicas e/ou presenciais, relacionadas có ámbito profesional ou familiar en tódalas ordes xurisdiccionais, civís/mercantís, penais, administrativas; redacción, revisión e modificación de escritos e contratos; e defensa xurídica e asistencia a xuicio beneficiándose dun desconto do 20% sobre as tarifas por parte de dita empresa.
De igual modo, a empresa prestarase a colaborar coa asociación na preparación e desempeño de actividades divulgativas e formativas tales coma charlas conferencias e xornadas de contido de actualidade xurídica e interés para os asociados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.