Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de noviembre de 2016

UN ACCIDENTE EN CAMBADOS SÁLDASE CON UN SALDO DE 2 FERIDOS










Esta mañán cerca das 10:30 horas producíase un accidente na entrada do ponte da "Illa das Goritas" en Cambados.
Un matrimonio de 68 e 67 anos foi rescatado esta mañá despois de precipitarse ao mar co seu coche. Aconteceu na ponte que da acceso ao aparcadoiro da "Illa das Goritas"
As vítimas foron rescatadas por varias persoas particulares que pasaban polo lugar nese intre. Unha delas contactaba co 112 Galicia ás 10:30 horas para explicar a situación. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias alertouse aos Bombeiros do Salnés, a Urxencias Médicas, a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Tamén se informou a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil. 
As dúas persoas rescatadas precisaron asistencia sanitaria. Logo de reanimalas, foron trasladadas conscientes en ambulancia. Ambas presentaban síntomas de hipotermia.
O vehículo accidentado provocou unha pequena vertedura no mar. Os efectivos de emerxencia xa procederon a instalar barreiras de contención na zona para frear a mancha. 
Un guindastre encargouse de retirar o coche da auga.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.