A Consellería do Mar abre mañá a campaña extractiva da centola e do boi nas provincias da Coruña e Pontevedra a petición do propio sector. Nas áreas que van de Cabo Corrubedo a Cabo Estaca de Bares e de Cabo Corrubedo ata A Guarda, a frota con porto base nestas zonas e que se dedica á extracción destas especies pode calar os aparellos a partir das 00:00 horas desta madrugada e levar as especies á lonxa o luns.
A campaña deste crustáceo nestas dúas provincias prolongarase ata o inicio da veda do ano 2017, que se fixará a través do correspondente Plan de Xestión. No caso da parte que vai Cabo Estaca de Bares ata o río Eo -incluíndo a Ría do Barqueiro-, na provincia de Lugo, a campaña iniciarase o 4 de decembro.
A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 kg por barco e día, ao cal se engadirán 35 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo. Poderán participar na campaña todas as embarcacións con artes menores e con porto base nesta comunidade, así como aquelas que tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.